cabecera

Renóvanse axudas e patrocinios e apróbanse outros novos do Consello Social

O xoves, día 19 de febreiro de 2015, ás 12.10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 19.02.15

HORA DE COMEZO:  12:10 h.

HORA DE REMATE:   13:40 h.

ORDE DO DÍA

 

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.11.2014).
  2. Informe do presidente.
  3. Proposta de modificación, se procede, dos criterios de reparto das Bolsas-colaboración con Departamentos.
  4. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a organización, en Pontevedra, da IV edición do Salón EDUGAL.
  5. Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio da edición do traballo: “Universidades egregias, modelos a conocer”, elaborado por don Jose María Franco García..
  6. Acordo que proceda sobre a colaboración económica coas “III Xornadas de Fundraising e Mecenado”, promovidas dende o Consello Social.
  7. Acordo que proceda sobre a renovación do acordo de patrocinio para a edición do compendio do “Simposio Nós2012”.
  8. Acordo que proceda sobre a petición de apoio dos alumnos das escolas de Telecomunicacións, Minas e Industriais para desenvolver accións cara ó mercado laboral.
  9. Acordo que proceda sobre a edición e distribución de carpetas-guías de acollida para os alumnos que se matriculen por primeira vez na UVigo no curso 2015-2016 e para o estudantado estranxeiro. Aprobación, se procede, da asignación económica precisa.
  10. Aprobación, se procede, da actualización e elaboración dun novo deseño do logo do Consello Social. Proposta de criterios.
  11. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (18.11.2014).

Dase por informado sobre o informe do presidente.

Acórdase modificar os criterios de reparto das Bolsas-colaboración no seu punto 3, engadindo o seguinte: “Na reasignación, teranse en conta as notas medias ponderadas máis altas. A ponderación será o resultado de dividir a nota media do expediente do alumno entre a nota media da súa titulación. A nota media da titulación será a que figure no momento da finalización do prazo de presentación de solicitudes. A nota media ponderada será facilitada pola Sección de Bolsas”.

Acórdase conceder unha axuda para a organización, en Pontevedra, da IV edición do Salón EDUGAL.

Acórdase axudar a edición de 500 exemplares do traballo: “Universidades egregias, modelos a conocer”, elaborado por don Jose María Franco García, debendo facer entrega de 100 ao Consello Social.

Acórdase conceder unha axuda para as “III Xornadas de Fundraising e Mecenado”, promovidas dende o Consello Social.

Acórdase conceder a axuda solicitada de novo para a edición do compendio do “Simposio Nós2012”.

Acórdase asignar unha axuda para a montaxe de stands para apoiar aos alumnos das escolas de Telecomunicacións, Minas e Industriais para desenvolver accións cara ó mercado laboral.

Acórdase conceder a edición e distribución de carpetas-guías de acollida para os alumnos que se matriculen por primeira vez na UVigo no curso 2015-2016 e para o estudantado estranxeiro.

Apróbase a elaboración dun novo logo do Consello Social.