cabecera

Ernesto Pedrosa Silva: “A implantación de graos de tres anos precisa dunha longa reflexión”

19 02 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2015

O pasado domingo, día 15 de febreiro, publicouse no xornal La Región unha entrevista realizada ao presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva. Nela, fala de diversos temas de actualidade para a Universidade, sendo o principal o decreto sobre a reforma da duración dos graos universitarios, que pasarían a ser tres anos que se completarían con mestrados de dous anos, sobre o cal afirma que aínda hai que reflexionar moito para así evitar tomar unha decesión inadecuada.Tamén falou sobre a reunión que mantivo hai pouco co vicerreitor de Ourense, Virxilio Rodríguez, na cal chegaron a acordos de colaboración sobre diferentes aspectos como o Campus da Auga conVida os as bolsas Ourense Exterior. A publicación desta entrevista tamén fixo que figurase nos protagonistas do día nese mesmo xornal.

Ver entrevista en La Región  

Ver protagonistas en La Región