cabecera

A revista Tres Campus, patrocinada polo Consello Social

O Consello Social patrocina a publicación da revista Tres Campus, elaborada pola asociación Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo. Esta revista, cuxo nome fai referencia aos campus que conforman esta universidade (Vigo, Ourense e Pontevedra) dá a coñecer novas sobre a vida universitaria, con artigos e reportaxes que, ademais, teñen un contido non só académico senón tamén social, cultural,                   técnico-científico e de investigación.