cabecera

De paseo con… Ernesto Pedrosa Silva

15 01 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2014

O Diario de Pontevedra presentou en De Paseo con… Ernesto Pedrosa Silva o día 21 de decembro de 2014 unha entrevista realizada ao presidente do Consello Social, na que este fala de todo: do seu traballo como avogado, do seu labor como presidente de este órgano da Universidade de Vigo, así como dalgunhas das súas aficións como a cociña ou as touradas. No tocante ao Consello Social destaca o importantísimo que é, á par que descoñecido, e para ilustralo pon o exemplo da aprobación dos orzamentos ou das novas titulacións das que se fai cargo anualmente.

 

Ver nova no Diario de Pontevedra