cabecera

Ernesto Pedrosa Silva, un dos representantes da comunidade universitaria no Concerto de Nadal

15 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2014

O xoves 12 de decembro, celebrouse no Centro Cultural AFundación o Concerto de Nadal, que se converteu xa na cita máis clásica da axenda cultural universitaria. Este concerto contou con diferentes representantes da comunidade universitaria, atopándose entre os asistentes Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, entre outros. Este ano, Xosé Manuel Budiño, foi o protagonista coa súa música de tradición galega, que mestura cos sons máis contemporáneos. Tamén actuaron outros artistas convidados como Mercedes Peón ou Xabier Díaz.

Ver nova no DUVI