cabecera

Ernesto Pedrosa Silva fai entrega do premio ao profesor Joaquín Dosil na XXIII Gala do Deporte Universitario

13 12 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado 11 de decembro, tivo lugar a XXIII Gala do Deporte Universitario, que nesta ocasión se celebrou ás 20.00 horas no Centro Social Afundación do Campus de Pontevedra. Para render homenaxe a algunhas das persoas que destacan non só polo seu éxito nas competicións en que participan, senón tamén pola súa contribución á difusión dos verdadeiros valores que defende o deporte, estiveron presentes diversas autoridades. Así, un dos representantes da comunidade universitaria neste acto foi Ernesto Pedrosa, o presidente do Consello Social, responsable de facer a entrega do galardón outorgado ao profesor Joaquín Dosil.   

Ver nova no DUVI 

Ver nova en PontevedraViva!

Ver nova no Faro de Vigo 

Ver nova no Diario de Pontevedra 

Ver nova no Atlántico Diario (Suplemento Universitas) 

Ver nova en La Región  (Suplemento Universitas) 

Fotos tomadas por el DUVI: