cabecera

As taxas de cursos e os complementos remunerativos, temas destacados.

04 12 2014. Categorías: Executivas, Executivas 2014

O xoves 27 de outubro, celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 27.11.2014

HORA DE COMEZO: 12:40 h.

HORA DE REMATE:  14:50 h.

ORDE DO DÍA

1.       Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (15.10.2014).

2.       Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

3.       Evolución da tramitación e a emisión de títulos oficiais da UVigo, consonte ao seguimento efectuado desde o Consello Social (Comisións Executivas de 3 de decembro de 2013 e 3 de abril de 2014).

4.       Acordo sobre a asignación de complementos de recoñecemento ao labor docente e investigador dos profesores da UVigo (convocatoria 2014).

5.       Acordo sobre a asignación de complementos de recoñecemento á excelencia curricular do profesorado da UVigo (convocatoria 2014).

6.       Acordo sobre a asignación da concesión do complemento de recoñecemento polos cargos de xestión ao profesorado da Uvigo (convocatoria 2014).

7.       Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o curso 2014-2015 e da correspondente dotación orzamentaria para a súa elevación ao Pleno.

8.       Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

  • I Edición do Curso Complementario en “Programación con Android & WebServices”.
  • II Edición do Curso Complementario en “Ferramentas de tradución profesional”.
  • I Edición do Curso de Formación en “Didáctica da Ficción e Creación Literaria”.
  • III Edición do Curso de Formación en “Contabilidade con Contasol”.
  • II Edición do Curso de Especialista en “Deseño de Moda”.

9.       Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

  • I Edición do Curso Complementario en “Programación Web avanzada con AngularJS”.
  • I Edición do Curso Complementario en “ Iniciación dela Contabilidadcon Contasol”.
  • I Edición do Curso Complementario en “Contasol Avanzado”.
  • IV Edición do Curso de Formación en “Coordinador de Seguridade e Saúde en Obras de Construción”.

10.    Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

  •        XIII Edición do Curso Complementario en “Vendaxes Neuromusculares (Kinesiotaping)”
  •        I Edición do Curso Complementario en “Introdución á Fisioterapia Invasiva da Síndrome da dor Miofascial”
  •        I Curso Complementario en “Conselleiro de Seguridade no transporte de mercadorías perigosas”.
  •        I Curso Complementario en “Introdución ao Software libre de xestión empresarial (OPENERP).
  •        XI Curso de Formación en “Introdución á bolsa”
  •        VI Curso de Formación en “JAVA:Programación orientada a obxectos para enxeñeiros”
  •        VII Curso de Formación en “JAVA:Programación orientada a obxectos para enxeñeiros
  •        V Curso de Formación en “Programación WEB con PHP”

11.      Memorias pendentes

12.    Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase  a aprobación por asentimento da acta da sesión anterior (15.10.14)

Acórdase solicitar un novo  informe da situación desglosado por centros sobre a evolución da tramitación e a emisión de títulos oficiais da UVigo, consonte ao seguimento efectuado desde o Consello Social (Comisións Executivas de 3 de decembro de 2013 e 3 de abril de 2014).

Acórdase la asignación de complementos de recoñecemento ao labor docente e investigador dos profesores da UVigo (convocatoria 2014).

Acórdase a asignación de complementos de recoñecemento á excelencia curricular do profesorado da UVigo (convocatoria 2014) e a asignación da concesión do complemento de recoñecemento polos cargos de xestión ao profesorado da Uvigo (convocatoria 2014), deixando pendentes os complemento que presentan incidencias que deberán ser revisadas.

Acórdase  elevar informe favorable ao Pleno da convocatoria de Prácticums para o curso 2014-2015 e da correspondente dotación orzamentaria.

Acórdase  dar validez ás taxas dos seguintes cursos:

  • I Edición do Curso Complementario en “Programación con Android & WebServices”.
  • II Edición do Curso Complementario en “Ferramentas de tradución profesional”.
  • III Edición do Curso de Formación en “Contabilidade con Contasol”
  • II Edición do Curso de Especialista en “Deseño de Moda”.

Acórdase dar validez ás taxas do curso I Edición do Curso de Formación en “Didáctica da Ficción e Creación Literaria”, e comunicarlle ao director que de manter o actual formato do Curso en futuras edicións, deberá axustarse as normas e recomendacións do Consello Social no que se refire á súa remuneración.

Acórdase aprobar as taxas dos seguintes cursos:

  • I Edición do Curso Complementario en “Programación Web avanzada con AngularJS”
  • I Edición do Curso Complementario en “ Iniciación dela Contabilidad con Contasol”
  • I Edición do Curso Complementario en “Contasol Avanzado”
  • IV Edición do Curso de Formación en “Coordinador de Seguridade e Saúde en Obras de Construción

Acórdase que a Comisión se dirixa aos directores dos cursos instándoos a que no sucesivo se axusten ao cumprimento das previsións e das propostas inicialmente aprobadas.

A Comisión dáse por informada das memorias pendentes.