cabecera

O Consello Social aproba axudas e patrocinios

O martes, día 18 de novembro de 2014, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 18.11.14

HORA DE COMEZO:  12:10 h.

HORA DE REMATE:   13:40 h.

ORDE DO DÍA

1.     Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (09.10.2014).

2.     Informe do presidente.

a.       Acordo que proceda sobre a creación dunha oficina de egresados da UVigo.

b.       Revisión da proposta de colaboración da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

3.     Aprobación, se procede, do patrocinio das II Xornadas de Fundraising e Mecenado, promovidas dende o Consello Social e da asignación económica precisa.

4.     Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización das xornadas científicas internacionais: “Régimen financiero y tributario de los Puertos del Estado”. Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

5.     Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a edición e publicación do traballo: “Un compromiso con la Universidad”.

6.     Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización das “II Xornadas de Literatura infantil e xuvenil”. Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo.

7.     Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización de XXIII Gala do Deporte universitario 2014 prevista no Campus de Pontevedra.

8.     Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase  a aprobación por asentimento da acta da sesión anterior (09.10.14)

Acórdase dirixirse ao Reitor, a través da secretaria xeral, para amosarlle o interese do Consello Social na creación dunha Oficina de egresados da UVigo, e comunicarlle a maior disposición a colaborar económica ou operativamente nese proceso, en caso de ser factible e consideralo oportuno.

Acórdase dar o consentimento para a proposta de colaboración da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Acórdase  conceder unha axuda máxima de 8.000€ para o patrocinio das II Xornadas de Fundraising e Mecenado, promovidas dende o Consello Social e da asignación económica precisa.

Acórdase aprobar unha axuda de 3.000€ para a organización das xornadas científicas internacionais: “Régimen financiero y tributario de los Puertos del Estado”.

Acórdase outorgar 2.580€+IVE para a edición de 500 libros, do traballo: “Un compromiso conla Universidad”, debendo entregar 50 ao Consello Social. Deberá aterse ás normas establecidas no que respecta á presencia da Imaxe do Consello na publicación, que deberá ser previamente supervisada.

Acórdase aprobar unha axuda de 1.000€ para a organización das “II Xornadas de Literatura infantil e xuvenil” coa  condición de que se presente a documentación coa denominación correcta, e debendo aterse ás normas establecidas.

Acórdase outorgar 5.200€, para a organización de XXIII Gala do Deporte universitario 2014 prevista no Campus de Pontevedra, debendo contemplar o establecido nas normas do Consello Social