cabecera

IV Conferencia Ibérica de Emprendemento

21 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Desde o  pasado día 23 de outubro ata o 26 dese mesmo mes, tivo lugar a IV ConferenciaIbérica de Emprendemento, un evento organizado pola Universidade de Vigo e a Asociación Portuguesa para o Emprendemento (Empreend), na que preto de 60 expertos, investigadores, directivos e profesionais compartiron a súa visión do mundo do autoemprego coa idea de promover unha amplia reflexión sobre todos os factores que rodean “ao ecosistema emprendedor”. No acto de apertura estivo o presidente do Consello Social da Universidade, Ernesto Pedrosa, xunto co reitor do campus, Salustiano Mato, o xerente de Afundación, Pedro Otero; o direitor da área de Competitividade do  IGAPE, Norberto Penedo; a deputada provincial Ana Isabel Vázquez; la concelleira de Promoción Económica, Carlota Román; a delegada do Consorcio Zona Franca, Teresa Portela; e los direitores do  CIEM 2014, o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación PedroFigueroa e a presidenta de Empreend, María do Rosário Almeida.

Durante a  súa intervención, Ernesto Pedrosa vogou por  “construír entre todos un ámbito propicio  para a formación en emprendemento”, o que, ao seu xuízo, pasa por promover un modelo de aprendizaxe que leve a que “a cultura emprendedora estea presente de forma natural nos plans de estudos, desde os primeiros anos dos títulos de grao”.

Nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo) 

Nova no Atlántico Diario (Suplemento Universitas)  

Nova en La Región (Suplemento Universitas)

Nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

Nova no Atlántico Diario

Nova no Diario de Pontevedra 

Ver intervención de Ernesto Pedrosa na UVigotv

Fotos tomadas polo DUVI (Diario da Universidade de Vigo) :