cabecera

Clausura do curso de formación que impartiu o grupo Mediaset na Facultade de CC SS e da Comunicación

14 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado venres día 7 de novembro tivo lugar, no salón de plenos da Deputación, o acto de clausura do curso de formación que  foi impartido polos responsables do grupo Mediaset, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, desde o 19 de setembro ata ese mesmo día. Este curso incluise no marco dun convenio que asinaron Mediaset España e o Consello Social da Universidade de Vigo no ano 2013. Neste acto estivo presente Ernesto Pedrosa, o presidente do Consello Social, xunto co vicerreitor do campus Juan Manuel Corbacho e co conselleiro delegado de Mediaset, Paolo Vasile, que foi o encargado de impartir o relatorio final.

Na súa intervención durante o acto, Ernesto Pedrosa definiu o convenio que fixo posible estas iniciativas como “un punto de partida e un nexo de unión que agardamos que perdure no tempo”  e Corbacho calificou “un fito para a Universidade e para o campus de Pontevedra”.

Ver nova no Diario de Pontevedra

Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

Ver nova no Atlántico Diario (Suplemento Universitas) 

Ver nova en La Región(Suplemento Universitas) 

Ver nova en Pontevedra Viva 

Fotos tomadas polo  DUVI durante o acto: