cabecera

Acto de inauguración das XIII Xornadas Internacionais sobre o Asociacionismo nos Programas Universitarios para Maiores

13 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado día 17 de setembro, tivo lugar o acto de inauguración das XIII Xornadas Internacionais sobre o Asociacionismo nos Programas Universitarios para Maiores que tivo lugar no Teatro García Barbón. Neste acto estivo presente e deu un discurso no que, ademais, presentou a Eduard Punset o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, xunto co reitor, Salustiano Mato, o alcalde, Abel Caballero e a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro.

Durante estas xornadas, os representantes do Programa para Maiores da Universidade de Vigo e da confederación estatal destes programas, entre outras cousas, destacaron a importancia de formarse toda a vida e de intercambiar as experiencias que ten cada persoa nas aulas con tres xeracións: os docentes, os estudantes e os sénior.

Ver na UVigotv

Ver a nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

Fotos tomadas polo DUVI durante o acto de inauguración: