cabecera

I Congreso Internacional SOS-VICS «Construír Pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero»

31 10 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

 Os pasados xoves 25 e venres 26 de setembro, tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución o I Congreso Internacional SOS-VICS  «Construír Pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero», congreso que constituíu o broche final ao traballo desenvolvido ao longo do prazo de execución do proxecto SOS-VICS, Speak Ouf for Support. Neste proxecto participaron nove universidades españolas, coordinandas pola de Vigo, co obxectivo de mellorar a formación que teñen os intérpretes no ámbito da violencia de xénero.

Durante o acto inaugural contouse coa presenza do presidente do Consello Social da Universidade, Ernesto Pedrosa, do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; do alcalde de Vigo, Abel Caballero, da coordinadora do proxecto SOS-VICS, Maribel del Pozo e da decana da Faultade de Filoloxía e Tradución. Neste acto, durante o seu discurso, Ernesto Pedrosa, felicitou aos e ás profesionais que forman este proxecto pola súa cercanía coas vítimas de violencia de xénero e salientou que considera este proxecto unha razón para ter esperanza.

 Ver nova no DUVI(Diario da Universidade de Vigo) 

Ver nova no Atlántico Diario 

Ver nova no suplemento Universitas de La Región 

Ver nova no suplemento Universitas do Atlántico Diario

 Fotografías tomadas polo DUVI durante o congreso: