cabecera

Distribución previa das Bolsas de Colaboración do Ministerio de Educación asignadas á Universidade de Vigo

Por orde do presidente da Comisión de Actividades e Servizos, don Ernesto Pedrosa Silva, convócase reunión ordinaria co obxecto de tratar os puntos sinalados na Orde do día.

LUGAR:               Sala II do Edificio Miralles – Campus Vigo

DÍA E HORA:      Día 14 de xullo, luns, ás 12:30 h. 

 

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.06.14).
2.      Informe do presidente.
Proposta de creación dunha oficina de egresados da Universidade de Vigo. Proposta de accións.
3.      Distribución previa das Bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2014/2015.
4.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para desenvolver un curso sobre “Ferramentas de apoio e competencias transversais” para estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.
5.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “I Ciclo de conferencias en dereito concursal”, organizado polo Departamento de dereito privado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo.
6.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “I Ciclo de conferencias de dereito da competencia e da propiedade industrial”, organizado polo Departamento de dereito privado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo.
7.      Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no financiamento da “Semana da Ciencia2014”, a desenvolver na E.T.S. de Enxeñería de Minas do Campus de Vigo.
8.      Acordo que proceda sobre as liñas de colaboración propostas desde a Confederación de empresarios de Pontevedra.
9.      Acordo que proceda sobre a organización polo Consello Social dunha xornada informativa no Campus de Vigo sobre “A responsabilidade de directivos e outros cargos públicos no contexto de crise”.
10.  Aprobación, se procede, do pagos dos custes (viaxes, aloxamento e protocolo), dun Curso sobre contidos audiovisuais, previsto no convenio promovido polo Consello Social con Mediaset, a impartir por directivos e expertos durante oito semanas en Pontevedra.
11.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (18.06.14)

Acórdase a aprobación da distribución previa das Bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2014/2015.

Acórdase a concesión dunha axuda para desenvolver un curso sobre “Ferramentas de apoio e competencias transversais” para estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

Acórdase a concesión dunha axuda para a organización do “I Ciclo de conferencias de dereito da competencia e da propiedade industrial”, organizado polo Departamento de dereito privado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo

Acórdase a aprobación dunha axuda de colaboración no financiamento da “Semana da Ciencia 2014” para difusión e elaboración de material diverso, a desenvolver na E.T.S. de Enxeñería de Minas do Campus de Vigo.

Acórdase a concesión dunha axuda para as liñas de colaboración propostas desde a Confederación de empresarios de Pontevedra.

Acórdase a aprobación dunha asignación económica para desprazamentos e estancia dos asistentes á xornada informativa no Campus de Vigo sobre “A responsabilidade de directivos e outros cargos públicos no contexto de crise”.

Acórdase a aprobación da asignación precisa para desenvolver o Curso sobre contidos audiovisuais, previsto no convenio promovido polo Consello Social con Mediaset, a impartir por directivos e expertos durante oito semanas en Pontevedra.