cabecera

Pleno do Consello Social con destacados asuntos económicos

03 07 2014. Categorías: Pleno 2014, Plenos

O venres, día 27 de xuño de 2014, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

LUGAR:             Salón de Graos do Edificio de Facultades – Campus de Ourense

DÍA E HORA:    Día 27 de xuño, venres, ás 12:00 horas.

 

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (22.04.2014)
2.      Informe do Presidente.
3.      Informe do Reitor.
Acordos, estudos e propostas informadas favorablemente pola Comisión Executiva (reunión 10.06.2014)
4.  Informe sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos de títulos oficiais no Sistema Universitario de Galicia para o curso 2014/2015).
5.  Nova normativa de recomendacións do Consello Social sobre prezos e taxas das ensinanzas propias de posgrao e outros cursos da UVigo.
6.  Informe sobre o Regulamento de recoñecemento de créditos ao alumnado da UVigo por actividades varias complementarias aos estudos.
7.  Outros acordos. (Enquisas de satisfacción de profesores e estudantes cos títulos oficiais da UVigo. Taxas)
Acordos e propostas informadas favorablemente pola Comisión Económica para elevación ao Pleno (reunión 16.06.2014). 
8.  Liquidación das contas da UVigo correspondentes ao exercicio 2013. Informe de auditoría e Memoria de recomendacións.
9.  Contas anuais e informe de auditoría 2013 de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).
10.  Contas anuais e informe de auditoría 2013 da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
11.  Contas anuais e informe de auditoría 2013 de Cidade Universitaria S.A. (CUSA).
12.  Criterios económicos para a xestión académica das matrículas no curso 2014/2015.
13.  Aceptación da herdanza de dona Mª Alicia Crespi. (C.G do 06.06.2014).
Acordos e informes da Comisión de Actividades e Servizos (reunión 18.06.2014).
14.  Comunicación de asuntos tratados e acordos adoptados.
15.  Convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2014.
16.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (22.04.2014).

Acórdase informar favorablemente sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos de títulos oficiais no Sistema Universitario de Galicia para o curso 2014-2015.

Acórdase a aprobación das normas establecidas na nova normativa de recomendacións do Consello Social sobre prezos e taxas das ensinanzas propias de posgrao e outros cursos da Universidade de Vigo. Acórdanse tamén as contías económicas destinadas ao pagamento a docentes de Mestrados/Especialista e Cursos de Formación e cal será a porcentaxe mínima dedicada a Bolsas.

O Pleno amosa a súa conformidade co Informe sobre o Regulamento de recoñecemento de créditos ao alumnado da Universidade de Vigo por actividades varias complementarias aos estudos.

O Pleno dáse por informado sobre os acordos e propostas informadas favorablemente pola Comisión Económica para elevación ao Pleno (reunión 16.06.2014).

Acórdase:

  • A aprobación das contas da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2013.
  • Destacar a estratexia económico-financeira aplicada, e resaltar o grao de transparencia que reflicten.
  • Felicitar ao equipo económico da Universidade de Vigo nas persoas do vicerreitor de economía e do xerente polos resultados e a xestión realizada.
  • A aprobación das contas das sociedades participadas: Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), Fundación Universidade de Vigo (FUVI) e a Cidade Universitaria S.A. (CUSA).

O Pleno dá a súa conformidade cos criterios económicos para a xestión académica das matrículas no curso 2014/2015.

O Pleno dáse por informado sobre  a aceptación da herdanza de dona Mª Alicia Crespi. (C.G do 06.06.2014).

O Pleno dáse por informado sobre a comunicación de asuntos tratados e acordos adoptados da Comisión de Actividades e Servizos (reunión 18.06.2014).

O Pleno dáse por informado sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2014.