cabecera

Aprobación de axudas e patrocinios do Consello Social

O mércores, día 18 de xuño de 2014, ás 11:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR:             Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA:              Día 18 de xuño, mércores, ás 11:40 h.

ORDE DO DÍA 

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.03.14).
2.      Informe do presidente.
3.      Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a organización do ”III Seminario internacional de dereito romano”, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo.
4.      Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio do plan de formación a emprendedores “+INCUVI” para 2014 e desprazamentos dos Campus de Ourense a Pontevedra.
5.      Acordo que proceda sobre a proposta de apoio económico ao programa de Bolsas de mobilidade “Ourense no exterior” (convocatoria 2014/2015).
6.      Acordo que proceda sobre a renovación da edición e distribución de carpetas-guía de acollida para os alumnos que se matriculen por primeira vez na Universidade de Vigo no curso 2014/2015. Aprobación, se procede, da asignación económica precisa.
7.      Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver o Proxecto de fomento do emprendemento (Junior empresas), dende o Campus de Ourense.
8.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “I Congreso Internacional SOS-VICS”, na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo.
9.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para organizar en Pontevedra a “IV Conferencia ibérica de emprendemento”.
10.  Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración co Programa de acollida e integración promovido na Escola de Enxeñería de Telecomunicación para formar mentores dos estudantes de novo ingreso que acceden no curso 2014/2015.
11.  Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio do “Seminario internacional de resolución extraxudicial de conflitos: mediación e arbitraxe”, na Facultade de Dereito do Campus de Ourense.
12.  Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación que realicen prácticas extracurriculares ao abeiro do convenio auspiciado polo Consello Social con Mediaset.
13.  Acordo que proceda sobre o patrocinio da actividade “Charlas sobre elección de carreira e saída profesional” para divulgar a oferta da Universidade de Vigo entre alumnos de 4º da ESO e 2ª de Bacharelato.
14.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (11.03.14).

Acórdase a concesión dunha axuda de colaboración para a organización do ”III Seminario internacional de dereito romano”, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo.

Acórdase a concesión dunha axuda de patrocinio do plan de formación a emprendedores “+INCUVI” para 2014 e desprazamentos dos Campus de Ourense a Pontevedra.

Acórdase a concesión dunha axuda de apoio económico ao programa de Bolsas de mobilidade “Ourense no exterior” (convocatoria 2014/2015).

Acórdase a aprobación da asignación económica precisa para a renovación da edición e distribución de carpetas-guía de acollida para os alumnos que se matriculen por primeira vez na Universidade de Vigo no curso 2014/2015.

Acórdase a aportación dunha axuda económica para desenvolver o Proxecto de fomento do emprendemento (Junior empresas), dende o Campus de Ourense.

Acórdase a concesión dunha axuda para a organización do “I Congreso Internacional SOS-VICS”, na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo.

Acórdase a concesión dunha axuda para organizar en Pontevedra a “IV Conferencia ibérica de emprendemento.

Acórdase a concesión dunha axuda de colaboración co Programa de acollida e integración promovido na Escola de Enxeñería de Telecomunicación para formar mentores dos estudantes de novo ingreso que acceden no curso 2014/2015.

Acórdasea aprobación dunha axuda de patrocinio do “Seminario internacional de resolución extraxudicial de conflitos: mediación e arbitraxe”, na Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

Acórdase a aprobación dunha axuda mensual a cada un dos alumnos desprazados, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación que realicen prácticas extracurriculares ao abeiro do convenio auspiciado polo Consello Social con Mediaset para gastos soportados durante a súa estadía de prácticas.

A Comisión valida de xeito moi positivo a proposta da actividade “Charlas sobre elección de carreira e saída profesional” para divulgar a oferta da Universidade de Vigo entre alumnos de 4º da ESO e 2ª de Bacharelato. Acorda solicitar un programa, calendario e estimación de gasto para poder tomar o acordo definitivo que proceda nunha próxima reunión, e implementar a iniciativa coas accións da universidade neste eido.