cabecera

Revisión das contas do exercicio 2013 para elevación ao Pleno

19 06 2014. Categorías: Económicas, Económicas 2014

O luns 16 de xuño, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR:                     Sala II do Edificio Miralles (Campus Vigo)

DÍA E HORA:            Día 16 de xuño, martes, ás 11:40 h

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.02.2014).
2.      Informe das contas anuais e informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A., correspondentes a 2013, para elevación ao Pleno.
3.      Informe das contas anuais e informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), correspondentes a 2013, para elevación ao Pleno.
4.      Informe das contas anuais e informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI), correspondentes a 2013, para elevación ao Pleno.
5.      Informe das contas anuais da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2013. Informe de auditoría e Memoria de recomendacións, para elevación ao Pleno.
6.      Proposta de aceptación, se procede, da herdanza de dona María Alicia Crespi. (Consello de Goberno de 6 de xuño de 2014).
7.      Criterios económicos para a xestión académica do curso 2014/15. (Consello de Goberno de 6 de xuño de 2014)
8.      Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2014.
9.      Rogos e preguntas.

 

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (27.02.2014)

Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre:

  • O Informe das contas anuais e informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A., correspondentes a 2013.
  • O Informe das contas anuais e informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), correspondentes a 2013.
  • O Informe das contas anuais e informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI), correspondentes a 2013.
  • E o Informe das contas anuais da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2013. Informe de auditoría e Memoria de recomendacións.

A Comisión dase por informada sobre a proposta de aceptación, da herdanza de dona María Alicia Crespi. (Consello de Goberno de 6 de xuño de 2014).

Acórdase referendar os criterios económicos para a xestión académica do curso 2014/15 (Consello de Goberno de 6 de xuño de 2014)  e informar favorablemente ao Pleno.

A Comisión dase por informada do Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2014.