cabecera

“Vexo representada neste alumnado una sociedade viva e unha imaxe fiel da Universidade, as súas esencias e posibilidades”

18 06 2014. Categorías: Actos, Actos 2014

Acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial

O xoves 12 de xuño, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo tivo lugar o acto de graduación do alumnado da Escola de Enxeñería Industrial, que presidiron e apoiaron diferentes personalidades, entre elas o director da Escola, Juan Pou, o reitor, Salustiano Mato e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

Un importante e representativo evento para a Universidade de Vigo, que sen dúbida encheu cada oco do Auditorio. A él asistiron máis de 600 alumnos e alumnas, pertencentes á última promoción de Enxeñaría Industrial, á primeira dos Graos nas oito ramas desta enxeñaría e tamén aos nove mestrados que se imparten no centro, que como Pedrosa explica orgulloso, representan “unha imaxe fiel da universidade, das súas esencias e posibilidades” e tamén unha “sociedade viva, con inquietudes e espectante ante as oportunidades”.

O presidente do Consello Social, asegurou que en actos como este “estase a certificar a formación de cidadáns razoables, críticos e preparados, que haberán de construír un soporte fundamental no desenvolvemento, na mellora e na calidade do futuro que nos espera a todos”. Especialmente no actual desenvolvemento das sociedades, onde como subliña Pedrosa, a aprendizaxe conformará a habilidade máis competitiva do futuro e a esixencia de competitividade debe basearse aínda máis na adecuada xestión do coñecemento consolidada na investigación, a innovación e a formación, tres pilares nos que a Universidade participa proactivamente.

A docencia de talle único, herdanza da Era Industrial e da fabricación en serie, non é válida xa para este mundo dixital. As novas tecnoloxías permiten a personalización, posibilitando a heteroxeneidade dos estudantes, favorecendo unha aprendizaxe adaptada ao aprendiz, progresiva e autónoma. O que algúns expertos denominan ‘docencia líquida’…

“Fíxeno e aprendino”

_____________________________________________________________

Preséntase a continuación unha selección das novas sobre o acto publicadas en prensa:

Ver nova de Duvi (Diario da Universidade de Vigo)

Ver nova de Faro de Vigo.

Ver nova de Atlántico Diario.

Ver nova de La Voz de Galicia.