cabecera

Aprobación e elevación ao Pleno do Proxecto de Decreto para fixación de prezos dos títulos oficiais no SUG e das novas Normas e Recomendacións sobre prezos de ensinanzas propias

13 06 2014. Categorías: Executivas, Executivas 2014

O martes 10 de xuño, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR:                     Sala II do Edificio Miralles (Campus Vigo)

DÍA E HORA:            Día 10 de xuño, martes, ás 16:30 h

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior (03.04.2014).

2.      Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

3.      Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

  •   IV Curso de Formación en “Creación de sitios web paso a paso con Joomla”
  •   I Curso de Formación en “Deseño de sistemas empotrados en FPGAs con Xilinx EDK y Vivado”
  •   I Curso de Formación en “Deseño de sistemas de control industriais baseados en microcontrolador con linux encaixado”
  •   I Curso de Formación en “Deseño de fabricación de placas de circuíto impreso (PCB) con Altium Designer”
  •   V Curso de Formación en “Programación Web con PHP”
  •   II Curso de Formación en “Programación Web con HTML5 e Javascript”.

4.      Supervisión das taxas dos seguintes cursos:

  •   I Curso de Especialista en “Dobraxe”
  •   II Curso de Formación en “Excel Financeiro”
  •   II Curso de Formación en “Contabilidade con contasol”
  •   III Curso de Formación en “Control Estatístico con R”
  •   X Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”
  •   I Curso de Formación en “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”
  •   I Curso Complementario en “Iniciación á mostraxe de comunidades de invertebrados e diatomeas segundo protocolos aplicables nas redes de seguimento do estado ecolóxico en ríos”
  •   I Curso Complementario en “Estratexias de sostenibilidade: participación e gobernanza”
  •   I Curso Complementario en “Avaliación integral da contaminación mariña na zona costeira”
  •   I Curso Complementario en “Biotecnoloxía molecular”
  •   I Curso Complementario en “Bioinformática”
  •   I Curso Complementario en “Deseño e proposta de patentes en traballos científicos”
  •   I Curso Complementario en “Formación introdutoria en modelos InVEST para avaliación de ecosistemas”
  •   I Curso Complementario en “Formación avanzada en modelos InVEST para avaliación de ecosistemas”
  •   I Curso Complementario en “Seguridade e autenticidade nos alimentos de orixe mariña”
  •   I Curso Complementario en “Seguimento e monitorización do estado sanitario en acuicultura e en poboacións naturais”
  •   I Curso Complementario en “Acuicultura sostible. Perspectivas ambientais, sociais e económicas”
  •   I Curso Complementario en “Inspeccións marítimas. Seguridade marítima e loita contra a contaminación mariña”
  •   I Curso Complementario en “O papel do cambio global na alteración dos ciclos bioxeoquímicos”
  •   I Curso Complementario en “Deseño de medios de control dimensional para o sector do automóbil utilizando Catia V5”
  •   I Curso Complementario en “Optimización avanzada de aplicacións Java en servidores Linux”
  •   I Curso Complementario en “Cambio Global antropoxénico no océano”
  •   I Curso Complementario en “Inglés para a inserción laboral no mercado internacional”

5.      Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión Universitaria 2014 (Campus Vigo).

6.      Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión Universitaria 2014 (Campus Pontevedra).

7.      Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión Universitaria 2014 (Campus Ourense)

8.      Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

  •   II Curso de Formación en “Sistemas de recirculación mariña. Usos profesionais”
  •   I Curso de Formación en “Cultivos auxiliares nunha hatchery de peixes planos”
  •   III Curso de Formación en “Procesos de deseño de cuños e matrices”
  •   III Curso de Formación en “Procesos de deseño de moldes de inxección”
  •   III Curso de Formación en “Innovación e desenvolvemento de equipos industriais”
  •   I Curso de Formación en “Modelaxe e simulación de procesos de negocio a través de ferramentas BPM (Business Process Management)”
  •   I Curso de Formación en “Análise e tratamento avanzado de información (Microsoft Excel)”
  •   III Curso de Formación en “Estatística con R para investigadores”
  •   II Curso de Formación en “Iniciación á programación de dispositivos ANDROID”
  •   III Curso Complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”
  •   II Curso Complementario en “Coñecemento do Sistema Empresarial Galego”
  •   IX Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”

 9.      Memorias pendentes.

10.      Informe sobre o proxecto do Decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario do SUG para o curso 2014/2015.

11.      Actualización e aprobación, se procede, das Normas e recomendacións do Consello Social sobre prezos das ensinanzas propias de Posgrao e outros cursos da Universidade de Vigo.

12.      Supervisión do Regulamento de recoñecemento de créditos por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e cooperación. Informe consonte o artigo 75. 4 d) da Lei 6/2013 do Sistema Universitario de Galicia.

13.      Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación por asentimento da acta da sesión anterior (03.04.14).

Acórdase agradecer o envío de información das enquisas de avaliación da satisfacción de estudantes e profesores coas titulacións oficiais da Universidade Vigo, elaboradas pola Área de apoio para a docencia e a calidade e procesadas pola Secretaría do Consello Social e solicitar os resultados de futuras enquisas.

Ademáis, en seguimento do acordo de 27 de maio de 2012 sobre doazóns de singular importancia á Biblioteca universitaria, dase conta de que non se rexistrou ningunha doazón salientable no último ano.

Acórdase a aprobación das taxas dos seguintes Cursos:

- I Curso de Formación en “Deseño de sistemas empotrados en FPGAs con Xilinx EDK y Vivado”.

- I Curso de Formación en “Deseño de sistemas de control industriais baseados en microcontrolador con linux encaixado”.

- I Curso de Formación en “Deseño de fabricación de placas de circuíto impreso (PCB) con Altium Designer”.

- II Curso de Formación en “Programación Web con HTML5 e Javascript.

E tamén o reclamo do envío da Memoria final da edición anterior dos Cursos:

- IV Curso de Formación en “Creación de sitios Web paso a paso con Joomla”.

- V Curso de Formación en “Programación Web con PHP”.

Acórdase dar validez as taxas dos seguintes Cursos, unha vez supervisadas:

- I Curso de Especialista en “Dobraxe”.

- II Curso de Formación en “Excel Financieiro”.

- X Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”.

- I Curso de Formación en “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”.

- I Curso Complementario en “Iniciación á mostraxe de comunidades de invertebrados e diatomeas segundo protocolos aplicables nas redes de seguimento do estado ecolóxico en ríos”.

- I Curso Complementario en “Estratexias de sostenibilidade: participación e gobernanza”.

- I Curso Complementario en “Avaliación integral da contaminación mariña na zona costeira”.

- I Curso Complementario en “Biotecnoloxía molecular”; I Curso Complementario en “Bioinformática”.

- I Curso Complementario en “Deseño e proposta de patentes en traballos científicos”; I Curso Complementario en “Formación introdutoria en modelos InVEST para avaliación de ecosistemas”.

- I Curso Complementario en “Formación avanzada en modelos InVEST para avaliación de ecosistemas”.

- I Curso Complementario en “Seguridade e autenticidade nos alimentos de orixe mariña”.

- I Curso Complementario en “Seguimento e monitorización do estado sanitario en acuicultura e en poboacións naturais”.

- I Curso Complementario en “Acuicultura sostible. Perspectivas ambientais, sociais e económicas”.

- I Curso Complementario en “Inspeccións marítimas. Seguridade marítima e loita contra a contaminación mariña”.

- I Curso Complementario en “O papel do cambio global na alteración dos ciclos bioxeoquímicos”.

- I Curso Complementario en “Deseño de medios de control dimensional para o sector do automóbil utilizando Catia V5”.

- I Curso Complementario en “Optimización avanzada de aplicacións Java en servidores Linux”.

- I Curso Complementario en “Cambio Global antropoxénico no océano”.

- I Curso Complementario en “Inglés para a inserción laboral no mercado internacional”.

Ademáis, acórdase a reclamación da Memoria Final da edición anterior dos Cursos:

- II Curso de Formación en “Contabilidade con Contasol”.

- III Curso de Formación en “Control Estatístico con R”.

Acórdase a aprobación das taxas dos Cursos de Extensión Universitaria 2014 dos campus de Vigo e Pontevedra.

En relación aos cursos de Extensión Universitaria 2014 do campus de Ourense acórdase:

- Comunicar ao director do curso “Medios audiovisuais de Celanova. CeMAC 2014: audiovisual en Galicia. 25 anos de presente”, coa antelación suficiente, que as taxas da próxima edición non serán aprobadas se non se ateñen ás normas ou se xustifiquen consonte as excepcións que contempla o Consello Social.

- Comunicar ao vicerreitor do Campus de Ourense esta incidencia, e solicitarlle que para dar trámite ao curso na próxima edición se comprobe previamente se o orzamento de gastos se axusta ás Normas e recomendacións do Consello Social.

- A aprobación das taxas dos Cursos de Extensión Universitaria 2014 do Campus de Ourense.

Acórdase pedir ao director do curso de formación “O IVE na fiscalidade empresarial”, que a fin de adoptar ás decisións oportunas, explique as causas polas que os gastos referentes ás taxas de coordinación e dirección son moi superiores ao que se recollía na proposta inicial aprobada pola COAP e pola Comisión Executiva, duplicando as recomendacións do Consello Social.

A Comisión dase por informada das memorias pendentes.

Acórdase a elevación de informe favorable ao Pleno sobre o proxecto do Decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario do SUG para o curso 2014/2015.

Acórdase a aprobación e elevación ao Pleno da proposta presentada das novas Normas e Recomendacións do Consello Social sobre prezos das ensinanzas propias de Posgrao e outros cursos da Universidade de Vigo.

Acórdase a aprobación da proposta para elevación ao Pleno, de supervisión do Regulamento de recoñecemento de créditos por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e cooperación. Informe consonte o artigo 75. 4 d) da Lei 6/2013 do Sistema Universitario de Galicia.