cabecera

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social “actos como este debieran ser celebrados, aplaudidos e estimulados”

04 06 2014. Categorías: Prensa, Prensa 2014

O pasado venres 30 de maio, celebrouse o acto de graduación das novas promocións dos grados Administración e Direción de Empresas, Turismo e Consultaría e Xestión da Información da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.

O evento levouse a cabo no Auditorio Municipal da cidade, contando coa presenza do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; a decana da Facultade Elena Rivo e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

“Actos como este debieran ser celebrados, aplaudidos e estimulados”, sinalaba orgulloso Pedrosa, “porque aquí estase certificando a formación de cidadáns razoables, críticos e preparados que han de constituír un soporte fundamental no desenvolvemento, na mellora e na calidade do futuro que nos espera a todos”.

 

… “a educación é o camiño” aseguraba o presidente.

 

Ver nova de DUVI (Diario da Universidade de Vigo).