cabecera

Apoio ao desenvolvemento da mobilidade, a investigación e a cultura no campus de Ourense

04 06 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O Pasado martes 3 de xuño, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tivo lugar o acto de presentación de dous convenios de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e a Universidade de Vigo, centrados no desenvolvemento da cultura, a mobilidade e a investigación no campus de Ourense. Contouse coa presencia do reitor da Universidade, Salustiano Mato, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

O primeiro dos convenios acordados, céntrase no desenvolvemento de actividades de difusión cultural no campus, para o cal a Deputación achegará unha contía de 165.000 euros.

O segundo deles, céntrase en facilitar a mobilidade ao alumnado interesado en cursar algún dos mestrados presenciais ofertados para o curso 2014/2015. Así, facilitaranse 10 bolsas consistentes na exención do pagamento da matrícula no centro correspondente e unha axuda de 600 euros para gastos de viaxe. Como sinalaba satisfeito Ernesto Pedrosa no seu discurso inaugural, “estes estudantes traen ao campus o coñecemento académico e científico de outras realidades culturais distintas, e a vez, proxectan e difunden a nivel internacional a oferta académica da Universidade”. Así, o Consello Social aportará 6000 euros e a Deputación outros 10000 para esta iniciativa que, “constrúe unha ponte sólida entre a Universidade e a Sociedade, coa Deputación como instrumento clave”, explicaba Pedrosa. Ademáis, o presidente do Consello Social apuntou que é importante resaltar o crecente interese do alumnado nestas bolsas que “en tres anos registraron un notable crecemento de solicitudes ata acadar al 32 na última convocatoria”.

Ver nova de DUVI (Diario da Universidade de Vigo).

Ver nova de La Región.