cabecera

Primeiro Pleno do ano 2014

07 05 2014. Categorías: Pleno 2014, Plenos

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONSELLO SOCIAL

LUGAR: Sala I – Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA:    22.04.14

HORA  DE COMEZO:   17:05

HORA DE REMATE:    19:10

LISTA DE ASISTENTES

D.Ernesto Pedrosa Silva

D. Salustiano Mato de la Iglesia

Dª. Inmaculada Valeije Álvarez

D. JoséManuel GarcíaVázquez

D. Manuel Fernández Jauregui

D.Carlos MollinedoLois

D. Estevo Sánchez Gálvez

D. Antonio Coello Bufill

D. Julio Estévez Fernández

D. Daniel Barata Quintas

D. Cesar Blanco Gómez

Dª. Ana Isabel Vázquez Reboredo

Dª. Marta Iglesias Bueno

D. José Manuel Figueroa Vila

D. José Paraños Pardo

D. José Barreiro Somoza

D. Javier Garrido Valenzuela

D. Juan Manuel Piñeiro Rivas

D. Jorge Cebreiros Arce

D. Xulio Calviño Rodríguez

D.Federico Pérez Mato

D. César Enrique Martínez Gómez

D.José María Franco García

D. Antonio Macho Senra

ESCUSAN ASISTENCIA

D. José Natalio Blanco Sierra

DªMónica Vázquez Blanco

D. José Manuel Díaz Barreiros

Dª. Marta Dacosta Alonso

D. José Manuel Pérez Canal

NON ASISTEN

D.Xesús López Carreira

Dª. Natalia Zunzunegui Garrido

SECRETARIO

D.Ignacio Rodríguez Iglesias

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.12.13)

2.      Informe do Presidente.

3.      Informe do Reitor.

4.      Informe que proceda sobre a modificación dos programas de: “Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química” e “Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión”, previa aprobación do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. (12 de febreiro de 2014).

5.      Informe que proceda sobre a simultaneidade e programación conxunta dos estudos oficiais de Grao en ADE e Dereito, nos Campus de Vigo e Ourense, previa aprobación do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. (12 de febreiro de 2014).

6.      Acordos e propostas informadas favorablemente pola Comisión Executiva (3 de abril de 2014):

a.  Aprobación, se procede, do acordo de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo e da dotación económica correspondente para 2014.

b.  Informe sobre a evolución da tramitación e a emisión de títulos oficiais aos egresados da Universidade de Vigo.

c.   Outros acordos.

7.      Informes e acordos da Comisión Económica (27 de febreiro de 2014):

a.  Presentación da Carta de avance da liquidación do orzamento da Universidade de Vigo para 2013, consonte o disposto no Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril.

b.  Avance da auditoría de contas centrado no cumprimento de legalidade e na contabilidade patrimonial.

c.   Outros acordos.

8.      Informe que proceda sobre a modificación parcial da relación de postos de traballo do persoal laboral e de servizos da Universidade de Vigo, aprobado en Consello de Goberno de 10 de marzo 2014.

9.      Acordos e axudas concedidas pola Comisión de Actividades e Servizos (11 de febreiro de 2014):

a.  Proposta de novas Normas reguladoras do Consello Social para a concesión de axudas e para a edición de publicacións.

b.  Concesión de axudas.

10.      Proposta informada favorablemente pola Comisión de Actividades e Servizos (11 de marzo de 2014) para elevación ao Pleno e axudas concedidas:

a.  Aprobación, se procede da asignación e distribución de axudas recollidas na convocatoria do Consello Social a titulacións con difícil acceso ás prácticas preprofesionais.

b.  Concesión de axudas e patrocinios.

11.      Renovación da Comisión Executiva e das Comisións permanentes do Consello Social. Designación de membros.

12.      Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de febreiro e marzo.

13.      Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da reunión anterior (27.12.13).

Acórdase emitir informe favorable que proceda sobre a modificación dos programas de: “Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química” e “Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión”, previa aprobación do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. (12 de febreiro de 2014).

Acórdase emitir informe favorable que proceda sobre a simultaneidade e programación conxunta dos estudos oficiais de Grao en ADE e Dereito, nos Campus de Vigo e Ourense, previa aprobación do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. (12 de febreiro de 2014).

Acórdase a aprobación dos acordos e propostas informadas favorablemente pola Comisión Executiva (3 de abril de 2014): acordo de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo e a dotación económica correspondente para 2014, e emitir informe sobre a evolución da tramitación e a emisión de títulos oficiais aos egresados da Universidade de Vigo.

O Pleno dáse por informado dos informes e acordos da Comisión Económica (27 de febreiro de 2014):

a. Presentación da Carta de avance da liquidación do orzamento da Universidade de Vigo para 2013, consonte o disposto no Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril.

b. Avance da auditoría de contas centrado no cumprimento de legalidade e na contabilidade patrimonial.

c. Outros acordos.

Acórdase emitir informe favorable que proceda sobre a modificación parcial da relación de postos de traballo do persoal laboral e de servizos da Universidade de Vigo, aprobado en Consello de Goberno de 10 de marzo 2014.

Acórdase a aprobación da proposta de novas Normas reguladoras do Consello Social para a concesión de axudas e para a edición de publicacións dos acordos e axudas, e o pleno dáse por informado da concesión de axudas da Comisión de Actividades e Servizos (11 de febreiro de 2014).

Acórdase a aprobación da asignación e distribución de axudas recollidas na convocatoria do Consello Social a titulacións con difícil acceso ás prácticas preprofesionais. O pleno dáse por informado da concesión de axudas e patrocinios, informadas favorablemente pola Comisión de Actividades e Servizos (11 de marzo de 2014).

Acórdase a aprobación da composición da Comisión Executiva e das Comisións permanentes do Consello Social.

O pleno dáse por informado sobre o informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de febreiro e marzo.