cabecera

Revisión das normas do Consello Social e asignación de axudas

O martes, día 11 de marzo de 2014, ás 11:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 11 de marzo, martes, ás 11:40 h


ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.02.14).
2.      Informe do presidente.
3.      Avaliación e distribución das axudas previstas no Plan anual de apoio a titulacións con dificultades para realizar prácticas preprofesionais (curso 2013/2014).
4.      Aprobación, se procede, da axuda precisa para a publicación do “Estudo sobre a experiencia académica e profesional dos titulados da Universidade de Vigo 2008 e2009”.
5.      Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración do Consello Social no programa para o desenvolvemento e implantación de accións de innovación educativa 2014, promovido pola Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo.
6.      Acordo que proceda sobre a petición de axuda remitida pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, para a organización do curso “Protocolo Empresarial”.
7.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do XIV Foro Tecnolóxico de Emprego, promovido por estudantes da Escolas de Telecomunicación, Minas e Industriais.
8.      Acordo que proceda sobre a proposta de apoio presentada pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, para implantar talleres de emprendedores nos tres Campus da Universidade de Vigo.
9.      Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinios de actividades previstas para 2014 pola Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo.
10.  Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para a organización do Congreso internacional do espazo lusófono de comunicación (LUSOCOM), previsto no Campus de Pontevedra.
11.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (11.02.14).

Acórdase a asignación do Plan de Prácticums para o curso actual nos seguintes centros: ESDEMGA, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Historia, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte, Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo, Facultade de Filoloxía e Tradución, Facultade de CC. Sociais e da Comunicación e Facultade de Bioloxía e Dereito.

Acórdase a aprobación da dotación da axuda precisa para a publicación do “Estudo sobre a experiencia académica e profesional dos titulados da Universidade de Vigo 2008 e 2009”.

Acórdase a concesión de dúas axudas de colaboración do Consello Social no programa para o desenvolvemento e implantación de accións de innovación educativa 2014, promovido pola Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, para rematar os proxectos de innovación educativa de 2012 e para o deseño e implantación dos MOOC.

Acórdase a concesión dunha axuda á Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, para a organización do curso “Protocolo Empresarial”.

Acórdase a concesión dunha axuda para a organización do XIV Foro Tecnolóxico de Emprego, promovido por estudantes da Escolas de Telecomunicación, Minas e Industriais, e comunicar aos organizadores que, consonte as novas normas do Consello Social, a axuda non se poderá manter nos mesmos termos en sucesivas edicións.

Acórdase destinar unha axuda de apoio á Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, para implantar talleres de emprendedores nos tres Campus da Universidade de Vigo.

Acórdase a aportación dunha axuda de patrocinios de actividades xerais previstas para 2014 pola Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo, e a colaboración en iniciativas concretas referidas ao Mecenado ou a publicación da revista “Tres Campus”, advertindo que a colaboración non se poderá manter nos mesmos termos no sucesivo.

Acórdase a aprobación dunha axuda de colaboración para a organización do Congreso internacional do espazo lusófono de comunicación (LUSOCOM), previsto no Campus de Pontevedra.