cabecera

Remanente positivo da Universidade de Vigo en 2013

06 03 2014. Categorías: Económicas, Económicas 2014

A reunión ordinaria da Comisión Económica celebrada o pasado 27 de febreiro, ás 11:40 horas, celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR:                     Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA:            Día 27 de febreiro, xoves, ás 11:40 h.

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.12.13).
2.      Informe do presidente. Resolución do Tribunal de Contas.
3.      Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da Universidade de Vigo. Avance da Auditoría e análise do informe provisional da execución orzamentaria anual, consonte o disposto no Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril. Acordo que proceda e informe ao Pleno.
4.      Supervisión de modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo:
a)      Xeración de crédito referida a convenios ou resolucións de entidades públicas.
b)      Utilización do Fondo de Continxencia.
5.      Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de decembro de 2013 e xaneiro de 2014.

6. Rogos e preguntas

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (19.12.13).

Acórdase remitir ao Pleno a Carta avance correspondente á liquidación do Orzamento de 2013, e solicitar a ATD un avance da auditoría de contas centrado no cumprimento de legalidade e na contabilidade patrimonial para presentar na mesa sesión plenaria.

Acórdase que a Comisión dáse por informada sobre a supervisión de modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo.

Acórdase que a Comisión dáse por informada e acorda dar conta ao Pleno sobre o Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de decembro de 2013 e xaneiro de 2014.