cabecera

Revisión das normas do Consello Social e asignación de axudas

O martes, día 11 de febreiro de 2014, ás 17:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 11 de febreiro, martes, ás 17:05 h.


ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.10.13).
2.      Informe do presidente.
3.      Revisión das normas vixentes para a concesión de axudas do Consello Social.
4.      Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización do Salón EDUGAL 2013/2014, previsto en Pontevedra na súa terceira edición.
5.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda ao Campus ConVida 2014 nos tres campus da Universidade de Vigo.
6.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda das Aulas de Formación Aberta, para a organización en Vigo das XIII Xornadas Internacionais sobre “Asociacionismo nos programas universitarios de maiores”.
7.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para o desenvolvemento de “Vigo 3 Day Startup” para o fomento do espírito emprendedor entre os estudantes universitarios.
8.      Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a organización en Vigo das Xornadas “Mecanismos procesuais para a protección privilexiada do crédito no ámbito europeo”.
9.      Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio dun relatorio sobre “A función do Consello Social como imaxe da universidade nas relacións internas e externas”, dentro do Curso de Comunicación e Protocolo, no Campus de Pontevedra.
10.  Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda económica para a organización das “XI Xornadas Sociedade e Dereito” sobre “As reformas políticas e administrativas que a España do século XXI necesita”, no Campus de Ourense, organizada por AGEX.
11.  Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no XV Foro Universitario de Investigación en Comunicación a celebrar no Campus de Pontevedra.
12.  Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio no Programa “Intelixencia, talento e empregabilidade” a desenvolver nos Campus de Vigo e Pontevedra.
13.  Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda da Asociación para a integración de estudantes estranxeiros, para a organización da reunión anual en Vigo.
14.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (22.10.13).

Acórdase a aprobación das normas vixentes para a concesión de axudas do Consello Social.

Acórdase a concesión dunha axuda de apoio para a organización do Salón EDUGAL 2013/2014, previsto en Pontevedra na súa terceira edición.

Acórdase a concesión dunha axuda para o Campus ConVida, que por primeira vez se estenderá aos tres campus, sendo ata agora realizado en Ourense.

Acórdase a concesión dunha axuda ás Aulas de Formación Aberta, para a organización en Vigo das XIII Xornadas Internacionais sobre “Asociacionismo nos programas universitarios de maiores”.

Acórdase a concesión dunha axuda para o desenvolvemento de “Vigo 3 Day Startup” para o fomento do espírito emprendedor entre os estudantes universitarios.

Acórdase a concesión dunha axuda de colaboración para a organización en Vigo das Xornadas “Mecanismos procesuais para a proteción privilexiada do crédito no ámbito europeo”.

Acórdase a concesión dunha axuda de patrocinio do relatorio sobre “A función do Consello Social como imaxe da universidade nas relacións internas e externas”, dentro do Curso de Comunicación e Protocolo, no Campus de Pontevedra.

Acórdase a concesión dunha axuda para a organización das “XI Xornadas Sociedade e Dereito” sobre “As reformas políticas e administrativas que a España do século XXI necesita”, no Campus de Ourense, organizada por AGEX.

Acórdase a concesión dunha axuda de colaboración no XV Foro Universitario de Investigación en Comunicación a celebrar no Campus de Pontevedra.

Acórdase a concesión dunha axuda de patrocinio no programa “Intelixencia, talento e empregabilidade” a desenvolver nos Campus de Vigo e Pontevedra.

Acórdase a concesión dunha axuda á Asociación para a integración de estudantes extranxeiros, para a organización da reunión anual en Vigo.