cabecera

Discurso de Ernesto Pedrosa no aniversario do Campus de Ourense

22 01 2014. Categorías: Discursos, Discursos 2014

Intervención de Ernesto Pedrosa no acto do corenta aniversario do Campus de Ourense

Boa tarde

Estamos hoxe aquí reunidos para celebrar un fito. Case imperceptible á primeira vista; pero rotundo e esperanzador en esencia. Porque a universidade cumpre corenta anos en Ourense. E creo que todos somos conscientes de que social, profesional, cultural e humanamente nos fixo mellores cidadáns, máis formados, máis seguros de nós mesmos, máis competentes e máis aptos.

E digo que é un fito case imperceptible porque a universidade ensina pero tamén educa, forxa ámbitos de convivencia e reporta valores especialmente valiosos para afrontar situacións de desánimo social. Creadora de espíritos libres e de esperanzas. Combativa ecomprometida……

….A universidade foi crecendo en presenza, en influencia, en liderado, en confianza e en implicación. Con períodos difíciles, escollos, tropezos e algún que outro labirinto…..que foi superando e que forxaron a súa musculatura actual, e que aquí se evidencia hoxe de modo claro.

Como presidente do Consello Social me comprace ser testemuña deste acto, compráceme que a Universidade e a sociedade revisen as súas alianzas e conmemoren as súas datas importantes. Pero sen perder de vista que estes acontecementos non só deben servir para felicitarse polo camiño feito senón tamén para abrirse con intensidade ao futuro.

Grazas aos que estiveron alí en 1974 cando todo empezou, e parabén aos que -nalgún caso os mesmos- hoxe mércores 22 de xaneiro seguen abrindo con esforzo e determinación novas oportunidades neste campus para que o traballo continúe.

Moitas grazas.