cabecera

O Consello Social aproba os orzamentos da Universidade correspondente ao exercicio 2014

27 12 2013. Categorías: Plenos, Plenos 2013

O Pleno acordou, durante a reunión celebrada o día 27 de decembro, aprobar o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2014. Durante a mesma reunión, e entre outros asuntos de interese, o Pleno se deu por informado sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo.

LUGAR: Aula 2 da Facultade de Fisioterapia – Campus de Pontevedra

DATA E HORA: Día 27 de decembro, venres, ás 11:35 horas.

ORDE DO DÍA

1.  Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (08.11.13)

2.  Informe do Presidente.

3.  Informe do Reitor.

4.  Propostas e acordos da Comisión Executiva (sesión 3 de decembro 2013):

a)  Aprobación, se procede, da nova convocatoria de Prácticums do Consello Social para o curso 2013/2014.

b)  Comunicación ao Pleno doutros acordos.

5.  Propostas, informes e acordos da Comisión Económica (sesión 19 decembro 2013):

a)  Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario correspondente a 2014, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

b)  Informe so o cumprimento da obriga de confeccionar antes do 1 de marzo de2014 aliquidación do orzamento de 2013 da Universidade de Vigo, consonte o Real Decreto Lei 4/2012, de 20 de abril.

c)   Informe sobre a auditoría de contas da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio de 2013 e sucesivos, e a auditoría operativa da área de investigación.

d)  Pronunciamento sobre a modificación puntual da RPT do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo. Emisión de informe que proceda.

e)  Aprobación, se procede do orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2014. (Acordo do Consello de goberno de 18 de decembro de 2013).

f)    Aprobación definitiva, se procede, da creación das EBT Biotecnogal S.L e Volta Space S.L e da participación da Universidade de Vigo. (Pleno do Consello Social de 8 de novembro e Consello de goberno de 28 de novembro).

6.  Aprobación, se procede, das liñas xerais do orzamento do Consello Social para o exercicio de 2014. Plan de actuación e estratexia a desenvolver.

7.  Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de outubro e novembro de 2013.

8.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase aprobar por asentimento a acta da sesión anterior (08.11.13).

Acórdase aprobar a nova convocatoria de prácticums do Consello Social para o curso 2013/2014 e darse por informado doutros acordos.

Acórdase informar favorablemente e darse por informadodos seguintes propostas, informes e acordos da Comisión Económica adoptados o 19.12.13.

a)      Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario correspondente a 2014, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

b)      Informe so o cumprimento da obriga de confeccionar antes do 1 de marzo de 2014 a liquidación do orzamento de 2013 da Universidade de Vigo, consonte o Real Decreto Lei 4/2012, de 20 de abril.

c)       Informe sobre a auditoría de contas da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio de 2013 e sucesivos, e a auditoría operativa da área de investigación.

d)      Pronunciamento sobre a modificación puntual da RPT do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo. Emisión de informe que proceda.

e)      Aprobación, se procede do orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2014. (Acordo do Consello de goberno de 18 de decembro de 2013).

Acórdase aprobar as liñas xerais do orzamento do Consello Social para o exercicio de 2014. Plan de actuación e estratexia a desenvolver.

Acórdase que o Pleno se dea por informado sobre o Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de outubro e novembro de 2013.