cabecera

A Comisión Económica da o visto bo ao orzamento para a Univerisdade correspondente ao exercicio de 2014

19 12 2013. Categorías: Económicas, Económicas 2013

O xoves día 19 de decembro de 2013, ás 11:40 horas, celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR:                     Sala I de Xerencia – Edificio Servizos Centrais – Campus de Vigo

DÍA E HORA:            Día 19 de decembro, xoves, ás 11:40 h.

ORDE DO DÍA

1.       Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior (19.09.13).     

2.      Informe do presidente.

3.      Informe sobre a auditoría de contas e auditoría operativa prevista para as contas de Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2013.

4.      Cumprimento da instrución sobre a obriga da Universidade de establecer un límite máximo de gasto anual, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

5.      Análise e informe que proceda para elevación ao Pleno, do Orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2014.

6.      Previsión de cumprimento da obriga de confeccionar a liquidación do Orzamento 2013 da Universidade de Vigo antes do 1 de marzo de 2014, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

7.      Proposta que proceda, para elevación ao Pleno, sobre a aprobación definitiva, da creación e participación da Universidade de Vigo nas seguintes EBT: Biotecnogal S.L e Volta Space S.L., consonte acordo do Consello de goberno de 28 de novembro.

8.      Informe que proceda sobre a modificación da RPT do persoal funcionario de administracións e servizos (Consello de Goberno de 18 de decembro de 2013).

9.      Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (28.06.13).

Acórdase que a Comisión se dea por informada sobre a auditoría de contas e auditoría operativa prevista para as contas de Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2013.

Acórdase elevar un informe favorable ao Pleno sobre o cumprimento da instrución sobre a obriga da Universidade de establecer un límite máximo de gasto anual, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

Acórdase informar ao Pleno nos mesmos termos e propoñer a aprobación do Orzamento da Universidade de Vigo para 2014.

Acórdase recomendar ao Pleno que o informe de auditoría sexa entregado e analizada coa mesma data límite da liquidación das contas, en previsión de cumprimento da obriga de confeccionar a liquidación do Orzamento 2013 da Universidade de Vigo antes do 1 de marzo de 2014, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

Acórdase informar favorablemente ao Pleno sobre a aprobación definitiva, da creación e participación da Universidade de Vigo nas seguintes EBT: Biotecnogal S.L e Volta Space S.L., consonte acordo do Consello de goberno de 28 de novembro.

Acórdase informar favorablemente ao Pleno sobre a modificación da RPT do persoal funcionario de administracións e servizos (Consello de Goberno de 18 de decembro de 2013).