cabecera

A Comisión Executiva aproba a Convocatoria de Prácticums para o curso 2013-2014

03 12 2013. Categorías: Executivas, Executivas 2013

A reunión ordinaria da Comisión Executiva celebrada o pasado 3 de decembro acordou aprobar a convocatoria de Practicum para o curso 2013-2014. Durante a mesma reunión, e entre outros asuntos de interese, aprobou unha axuda para desenvolver a Campaña publicitaria de Mecenado e Captación de Fondos da Universidade de Vigo.

LUGAR:                     Salón de Graos do Edificio de Facultades – Campus Ourense

DÍA E HORA:            Día 3 de decembro, martes, ás 17:00 h.

ORDE DO DÍA

1.       Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior (19.09.13).

2.      Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

3.      Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

  • VI Curso de Formación en “Administrador e desenvolvedor de bases de datos”
  • I Curso de Formación en “Deseño, simulación e montaxe de circuítos electrónicos”
  • I Curso de Formación en “Edición gráfica con photoshop”

4.        Supervisión das taxas dos seguintes cursos:

  • III Curso de Formación en “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construción”
  • III Curso de Formación en “Prevención de riscos laborais. Nivel básico”
  • I Curso de Formación en “Estatística con R para profesionais da saúde”
  • X Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”
  • I Curso Complementario en “Big Data e Hadoop: novos tratamentos avanzados da información”
  • I Curso Complementario en “Certificación enerxética de edificios existentes (programa CE3X)”

5.      Supervisión do procedemento de emisión de títulos por parte da UVigo, e informe, se procede, para remitir ao Consello de Goberno.

6.      Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o curso 2013-2014, e a correspondente dotación orzamentaria, para elevación ao Pleno.

7.      Acordo que proceda sobre a continuación e asignación económica para a campaña de difusión de Mecenado da UVigo e captación de recursos, correspondente a 2013.

8.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda económica para a organización das terceiras “Xornadas sobre cuestións prácticas de dereito procesual civil”.

9.      Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

  • I Curso Complementario en “Ferramentas para a detección temperá de necesidades de tipo evolutivo e emocional no ciclo 3-5 da etapa de educación infantil”
  • I Curso Complementario en “Programación avanzada de robots industriais (Sistemas KUKA)”
  • VI Curso Complementario en “Medida e certificación de estacións radioeléctricas”
  • I Curso de Formación en “CCNA Exploration 3 y 4: Conmutación LAN y acceso WAN”

10.  Memorias pendentes.

11.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (19.09.13).

Acórdase aprobar as taxas dos seguintes cursos, unha vez aceptadas as explicacións respecto ao exceso de taxas proporcionadas polos directores dos cursos “Administrador e desenvolvedor de bases de datos” e “Edición gráfica con Photoshop” e lémbralle ao director do primeiro deles que está pendente a entrega da Memoria Final da última edición.

  • VI Curso de Formación en “Administrador e desenvolvedor de bases de datos”
  • I Curso de Formación en “Edición gráfica con Photoshop”
  • I Curso de Formación en “Deseño, simulación e montaxe de circuítos electrónicos”

Así mesmo, solicítase ao Vicerreitorado de alumnado, docencia e calidade que recomende un marco e uns criterios aplicables polo Consello Social e no sucesivo para os cursos que reiteradamente exceden as taxas recomendadas de matrícula, xa que frecuencia coa que se están a presentar este tipo de incidencias impiden que estes cursos sexan tratados dende a excepcionalidade, polo que parece conveniente a súa regularización e sistematización con criterios estables. Solicitan tamén que os cuestionarios das propostas académicas dos cursos sexan cubertos integramente nun idioma –preferentemente en galego- evitando no posible o emprego das dúas linguas de maneira indistinta na mesma proposta.

Acórdase aprobar as taxas do I Curso de Formación en “Estatística con R para profesionais da saúde”; X Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”; I Curso Complementario en “Big Data e Hadoop: novos tratamentos avanzados da información”; I Curso Complementario en “Certificación enerxética de edificios existentes (programa EC3X)”.

A Comisión da a súa conformidade ás taxas e recorda da necesidade de entrega de Memorias Finais da edición anterior aos cursos: “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construción” e “Prevención de riscos laborais. Nivel básico”.

Acórdase pedir ao xerente da Supervisión do procedemento de emisión de títulos por parte da UVigo que informe como se está a implantar o plan de choque e a previsión do calendario para axilizar a tramitación de títulos universitarios oficiais na Universidade de Vigo, e que remita ao Consello Social  un informe de evolución trimestral.

Acórdase remitir informe favorable ao Pleno para aprobación dunha nova convocatoria de axudas a Prácticums para o curso 2013/2014 para titulacións da Universidade de Vigo.

Acórdase a aprobación dunha achega económica para desenvolver a Campaña publicitaria de Mecenado e Captación de Fondos da Universidade de Vigo, na súa terceira edición, que terá difusión en prensa escrita, prensa dixital e radio.

Acórdase a concesión dunha axuda  para a celebración en Vigo das terceiras “Xornadas sobre cuestións prácticas de Dereito Procesual Civil”, orientadas a profesores e profesionais, tendo en conta o importe da colaboración prestada en 2012 e a norma do Consello Social de reducir nun 20% as axudas concedidas en edicións anteriores.

Acórdase que a Comisión se dea por informada das Memorias finais do Curso Complementario en “Ferramentas para a detección temperá de necesidades de tipo evolutivo e emocional no ciclo 3-5 da etapa de educación infantil”.

Así mesmo, e visto o descenso do número de alumnos que se rexistran en tres cursos respecto á proposta académica inicial, a Comisión diríxese aos directores dos cursos complementarios “Programación avanzada de robots industrias (Sistema KUKA) (I edición); “Medida e Certificación de Estacións Radioeléctricas” (VI edición); e de formación “CCNA Exploration: conmutación LAN y Acceso WAN” (I edición) para subliñar a importancia de que se adecúen as expectativas iniciais á matrícula real, se teñan en conta estas experiencias e se avalíen para que reflictan unha menor incidencia en próximas edicións.

Acórdase que a Comisión se dea por informada das Memorias pendentes.