cabecera

Intervención de Ernesto Pedrosa no Campus ConVida

28 11 2013. Categorías: Discursos, Discursos 2013

Ideas para palabras no Campus ConVida do presidente do Consello Social.

Como presidente do Consello Social desta Universidade sosteño que os alumnos son un dos compoñentes máis sensibles e máis dinámicos de calquera Universidade. Neles reside o maior potencial porque son os mellores transmisores dos beneficios que a institución universitaria debe reportar ao seu ámbito, á sociedade, e porque eles serán o reflexo máis fiable do éxito ou fracaso da Universidade.

Ninguén discute que o futuro está baseado nunha boa formación, que debe ser inculcada a través do coñecemento, pero tamén dos valores. Porque ao final do camiño dispoñeremos de profesionaiscompetentes…y de cidadáns responsables, instruídos, solidarios, libres e comprometidos. E neles a sociedade recoñecerá mellor a súa Universidade e outorgaralle a confianza e o apoio que tanto precisa.

Por iso, o Campus ConVida é unha excelente iniciativa á que o Consello Social se adhire por ser un valioso e transcendente compromiso nunha dirección acertada e necesaria. Este Campus abre unha liña que seguiremos, convencidos de que xera beneficios, porque promove a cultura das tarefas cotiás a través das que é posible facernos todos un pouco mellores.

O compromiso das universidades co desenvolvemento económico na súa área territorial de influencia non debe excluír o compromiso social. Moitas veces falamos dos valores da universidade, e proclamamos a sensibilidade da institución e a súa obriga coa formación de cidadáns solidarios, concienciados, cívicos, educados, libres e preparados. E dicímolo sinceramente. Pero cando nos paramos a ver que se fai realmente para contribuír á implantación deses valores e a súa difusión nos Campus, descubrimos que faise moi pouco, que non dispoñen de espazo nin recursos, e que responden máis a unha vocación e a un esforzo persoal que a un compromiso asumido.

Por iso merece un recoñecemento esta iniciativa, porque entra institucionalmente na contribución da universidade ao desenvolvemento social, ao benestar, á calidade de vida da súa área de influencia. E porque, sen apartarse da súa primeira e segunda misión, e mesmo da terceira, pensa nas persoas.

Nesta dirección hai moito por facer e é necesario un apoio sostido a este Campus Convida, para que o exemplo que mostra se estenda, e o espírito que o impulsa se consolide.

Parabén vicereitora, e parabéns e agradecemento a quenes o fan posible.