cabecera

Vía libre para a implantación de Enxeñaría Física no Campus de Ourene e aprobación definitiva das primeiras EBT na Universidade de Vigo

08 11 2013. Categorías: Plenos, Plenos 2013

O Pleno acordou, durante a sesión celebrada en novembro e tras un amplo debate, emitir un informe favorable para a implantación do título de Enxeñería Física no Campus de Ourense para o curso 2014-2015. Durante a mesma reunión, e entre outros asuntos de interese, aprobou definitivamente a creación das cinco primeiras empresas de base tecnolóxica (EBT) da UVigo. Asi mesmo, Daniel Barata Quintas foi designado vicepresidente do Consello Social no campus de Ourense.

LUGAR: Sala I do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA E HORA: Día 8 de novembro, venres, ás 11:45 horas.

 

ACTA DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.06.13).
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe que proceda para implantación no curso 2014/2015 dos seguintes títulos de Grao, Máster e Doutoramento, ao abeiro do disposto no Decreto 222/2011, previa aprobación en Consello de Goberno da UVigo de 29 de outubro de 2013:
    •     Grao en Enxeñaría Física
    •     Máster Universitario en Enxeñaría de Minas (habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro de Minas)
    •     Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación (habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro de Telecomunicación)
    •     Máster Universitario en Enxeñaría Industrial (habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial)
    •     Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
    •     Doutoramento Protección do Patrimonio Cultural

5.  Informe que proceda sobre modificacións de títulos de Grao, Máster e Doutoramento, ao abeiro do disposto no Decreto 222/2011, previa aprobación do Consello de Goberno da Vigo do 29 de outubro de 2013:

    •     Grao en Dereito
    •     Grao en Dirección e Xestión Pública
    •     Grao en Ciencias da Linguaxe
    •     Grao en Xeografía e Historia
    •     Grao en Enxeñaría da Enerxía
    •     Grao en Recursos Mineiros e Enerxéticos
    •     Grao en Enfermaría
    •     Máster Universitario en Química
    •     Máster Universitario en Recursos Naturais e Tecnoloxía Agroalimentaria
    •     Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio
    •     Máster en Enxeñaría de Organización
    •     Doutoramento Análise Económica e Estratexia Empresarial
    •     Doutoramento Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica
    •     Doutoramento Equidade e Innovación en Educación

6.  Propostas e acordos da Comisión Executiva (reunión de 30 de xullo de 2013):

 

a)  Aprobación, se procede, da cesión gratuíta á UVigo das parcelas 4A e 4B da primeira fase de ampliación da Cidade Universitaria, consonte o convenio subscrito co Concello de Vigo de 6 de xuño de 2012.
b)  Outros acordos.
7.  Propostas e acordos da Comisión Executiva (reunión de 19 de setembro de 2013):
a)  Acordo para a asignación de retribucións adicionais como complementos de recoñecemento a labores investigadoras e docentes, e por cargos de xestión (convocatoria 2012). Ratificación, se procede.

b)  Outros acordos e informes.
8.  Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión de 10 de xullo de 2013):
a)  Acordo sobre posibles axudas a alumnos con carácter excepcional.
b)  Outros acordos e taxas.
9.  Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión de 1 de outubro de 2013):

a)  Aprobación, se procede, do acordo de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo e a correspondente dotación económica.

b)  Supervisión da axuda para a organización e dotación económica para as Xornadas sobre Fundraising e Mecenado, promovidas polo Consello Social e a Reitoría. Ratificación, se procede.

c)   Outros acordos e informes.

10.  Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión de 22 de outubro de 2013):

a)  Aprobación, se procede, da distribución definitiva das Becas colaboración concedidas polo MEC á UVigo para o curso 203/2014.

b)  Aprobación, se procede, da Memoria de actividades do Consello Social correspondente ao exercicio de 2012, consonte dispón o artigo 75.2b da Lei 6/2013 do Sistema Universitario de Galicia.

c)   Outros acordos.

11.  Aprobación definitiva, se procede, da creación e participación das seguintes EBT na UVigo, consonte acordo do Consello de Goberno (29 de outubro de 2013): Peloides Termales; Social Wire Labs; Hércules Control; Illumnia; Gassport.
12.  Informe que proceda sobre a creación de Empresas de Base Tecnolóxica da UVigo .
13.  Aprobación da actualización do cadro de tarifas dos distintos servizos do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI).
14.  Aprobación da actualización do cadro de tarifas da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).
15.  Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2013.
16.  Rogos e preguntas.

 

ACORDOS ADOPTADOS

 

Acórdase a aprobación da acta do pleno anterior (27.06.13)

Acórdase emitir un informe favorable sobre a implementación no curso 2014/2015 os seguintes títulos de Grao, Máster e Doutoramento, ao abeiro do disposto no Decreto 222/2011 e previa aprobación en Consello de Goberno da UVigo do 29 de outubro de 2013: Grao en Enxeñaría Física; Máster Universitario en Enxeñaría de Minas (habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro de Minas); Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación (habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro de Telecomunicación); Máster Universitario en Enxeñaría Industrial (habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial); Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade; Doutoramento Protección do Patrimonio Cultural.

Acórdase emitir un informe favorable sobre para a modificación no curso 2014/2015 dos seguintes títulos de Grao, Máster e Doutoramento, ao abeiro do disposto no Decreto 222/2011, previa aprobación do Consello de Goberno da Vigo do 29 de outubro de 2013: Grao en Dereito; Grao en Dirección e Xestión Pública; Grao en Ciencias da Linguaxe; Grao en Xeografía e Historia; Grao en Enxeñaría da Enerxía; Grao en Recursos Mineiros e Enerxéticos; Grao en Enfermaría; Máster Universitario en Química; Máster Universitario en Recursos Naturais e Tecnoloxía Agroalimentaria; Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio; Máster en Enxeñaría de Organización; Doutoramento Análise Económica e Estratexia Empresarial; Doutoramento Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica; Doutoramento Equidade e Innovación en Educación.

Acórdase aprobar as propostas e acordos emitidos pola Comisión Executiva na reunión do 30 de xullo de 2013. Entre eles, destaca a aprobación da cesión gratuíta á UVigo das parcelas 4A e 4B da primeira fase de ampliación da Cidade Universitaria, consonte o convenio subscrito co Concello de Vigo de 6 de xuño de 2012.

Acórdase validar os acordos da Comisión Executiva adoptados na reunión do 19 de setembro de 2013. Entre eles, destaca a asignación de retribucións adicionais como complementos de recoñecemento a labores investigadoras e docentes, e por cargos de xestión (convocatoria 2012).

Acórdase ratificar os acordos da Comisión de Actividades e Servizos adoptados na reunión do 10 de xullo de 2013, que envolvían asuntos relativos ás posibles axudas a alumnos con carácter excepcional.

Acórdase validar as propostas da reunión do 1 de outubro de 2013 pola comisión de Actividades e Servizos. Polo tanto, apróbase o acordo de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo e a correspondente dotación económica, a supervisión da axuda para a organización e dotación económica para as Xornadas sobre Fundraising e Mecenado, promovidas polo Consello Social e a Reitoría, así como outros acordos e informes.

Acórdase dar a aprobación definitiva á creación e participación das seguintes EBT na UVigo, consonte acordo do Consello de Goberno (29 de outubro de 2013): Peloides Termales; Social Wire Labs; Hércules Control; Illumnia; Gassport.

Acórdase emitir un informe favorable sobre a creación de Empresas de Base Tecnolóxica da UVigo.

Acórdase aprobar a actualización do cadro de tarifas dos distintos servizos do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI).

Acórdase a aprobación da actualización do cadro de tarifas da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).

Acórdase que o Pleno se dea por informado do Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2013.

 

 

Leave a Reply