cabecera

A Comisión Executiva do Consello Social aproba as taxas do título propio en ‘Deseño Téxtil e Moda de Galicia’ e as de servizos de deporte

19 09 2013. Categorías: Executivas, Executivas 2013

O xoves día 19 de setembro de 2013, ás 12:35 horas, celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 19 de setembro, xoves, ás 12:35 h.

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior (30.07.13).

2.      Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

3.      Novas taxas do título propio en Deseño Téxtil e Moda de Galicia.

4.      Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

  •     I Curso de Especialista en “Deseño de moda”
  •     I Curso de Formación en “Fotografía e deseño gráfico de moda”
  •     I Curso de Formación en “Estampación téxtil”
  •     I Curso de Formación en “Taller de deseño profesional”

5.      Supervisión das taxas dos seguintes cursos:

  •    I Curso de Especialista en “Mediación e arbitraxe”
  •    I Curso de Especialista en “Asesor financeiro europeo”
  •    II Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con R”
  •    XI Curso de Formación en “Introdución á bolsa”
  •    IV Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  •    I Curso de Formación en “Introdución á programación de APPs en iO6S6/iOS7”
  •    XII Curso Complementario en “Vendaxes neuromusculares (KINESIOTAPING)”
  •    I Curso Complementario en “Xestión eficiente de almacéns: estratexia, deseño, implementación e mellora”
  •    I Curso Complementario en “Implantación de Lean Production”
  •    I Curso Complementario en “Redución dos stocks na cadea de subministración”
  •    I Curso Complementario en “Competitividade baseada en persoas. Aspectos estratéxicos e operativos para o éxito en empresas industriais e de servizos”

6.      Aprobación, se procede, das tarifas dos servizos deportivos que ofrece a Universidade de Vigo no curso 2013/2014.

7.      Acordo para asignación de retribucións adicionais como complemento ao labor investigador (convocatoria 2012).

8.      Acordo para a asignación de retribucións adicionais como complementos de recoñecemento polos cargos de xestión. (recursos á convocatoria 2012)

9.      Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

  •     I Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con R”
  •    III Curso Complementario en “English immersion programme for professionals”
  •    XI Curso Complementario en “Vendaxes neuromusculares (KINESIOTAPING)”
  •    II Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”

10.  Memorias pendentes.

11.  Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (30.07.13).

Acórdase dar a aprobación para a emisión das novas taxas do título propio en Deseño Téxtil e Moda de Galicia.

Acórdase aprobar as taxas dos seguintes cursos:

  •     I Curso de Especialista en “Deseño de moda”
  •     I Curso de Formación en “Fotografía e deseño gráfico de moda”
  •     I Curso de Formación en “Estampación téxtil”
  •     I Curso de Formación en “Taller de deseño profesional”

Acórdase aprobar as taxas dos seguintes cursos, non sen antes recordar ao director de IV Curso de Formación en Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM” que está pendente a memoria final da actividade de 2012.

  •     I Curso de Especialista en “Mediación e arbitraxe”
  •     I Curso de Especialista en “Asesor financeiro europeo”
  •     II Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con R”
  •     XI Curso de Formación en “Introdución á bolsa”
  •     IV Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  •     I Curso de Formación en “Introdución á programación de APPs en iO6S6/iOS7”
  •     XII Curso Complementario en “Vendaxes neuromusculares (KINESIOTAPING)”
  •     I Curso Complementario en “Xestión eficiente de almacéns: estratexia, deseño, implementación e mellora”
  •     I Curso Complementario en “Implantación de Lean Production”
  •     I Curso Complementario en “Redución dos stocks na cadea de subministración”
  •     I Curso Complementario en “Competitividade baseada en persoas. Aspectos estratéxicos e operativos para o éxito en empresas industriais e de servizos”
Acórdase a aprobación das taxas das tarifas dos servizos deportivos que ofrece a Universidade de Vigo no curso 2013/2014.

Acórdase elevar ao Pleno a asignación de retribucións adicionais como complementos de recoñecemento polos cargos de xestión, en vista da decisión da  ACSUG de incrementar a puntuación de dous profesores da Universidade de Vigo que presentaron senllos recursos de reposición contra acordo anterior (28.09.2012).

Acórdase que a Comisión se dea por informada das Memorias finais dos seguintes cursos:

  •     I Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con R”
  •     III Curso Complementario en “English immersion programme for professionals”
  •     XI Curso Complementario en “Vendaxes neuromusculares (KINESIOTAPING)”
  •     II Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM

Acórdase dar por informada a existencia de dous cursos, rematados en febreiro e xullo, que teñen aínda a entrega da Memoria final.