cabecera

A Comisión Executiva aproba a cesión gratuita á Universidade de Vigo das parcelas 4A e 4B da primeira fase de ampliación da Cidade Universitaria

30 07 2013. Categorías: Executivas, Executivas 2013

O martes día 30 de xullo de 2013, ás 11:35 horas, celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 30 de xullo, martes, ás 11:35 h.

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior (19.06.13).
  2. Aprobación, se procede, da cesión gratuíta á Universidade de Vigo das parcelas 4A e 4B da primeira fase de ampliación da Cidade Universitaria, en cumprimento do convenio de colaboración subscrito co Concello de Vigo o 6 de xuño de 2012 (Consello de Goberno de 24 de xullo de 2013).
  3. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para a publicación do libro “El Padre Feijóo y el Derecho de su tiempo: una visión premonitoria de problemas candentes en la actualidad”.
  4. Rogos e preguntas.                          

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (09.06.13).

Acórdase dar a aprobación e emitir informe favorable para elevación ao Pleno a cesión gratuíta á Universidade de Vigo das parcelas 4A e 4B da primeira fase de ampliación da Cidade Universitaria, en cumprimento do convenio de colaboración subscrito co Concello de Vigo o 6 de xuño de 2012 (Consello de Goberno de 24 de xullo de 2013).

Acórdase conceder unha axuda económica para a publicación do libro “El Padre Feijóo y el Derecho de su tiempo: una visión premonitoria de problemas candentes en la actualidad”.