cabecera

Reasignación definitiva das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo

O martes, día 22 de outubro de 2013, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 22 de outubro, martes, ás 12:35 h.

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (01.10.13).

2.      Aprobación, se procede, da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2013/2014.

3.      Aprobación, se procede, da Memoria de actividades do Consello Social correspondente a 2012.

4.      Acordo, se procede, sobre a solicitude de patrocinio da XXII Gala do Deporte Universitario, prevista nesta edición no Campus de Ourense.

5.      Acordo que proceda sobre a solicitude da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da UVigo.

6.      Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (01.10.13).

Acórdase elevar ao Pleno un informe favorable sobre o reparto proposto das 50 reasignación definitiva das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2013/2014.

Acórdase elevar ao Pleno a proposta de aprobación da Memoria de actividades do Consello Social correspondente a 2012 así como a dotación económica correspondente para a edición impresa, na mesma liña dos anos precedentes.

Acórdase conceder unha axuda para a organización da XXII Gala do Deporte Universitario, prevista nesta edición no Campus de Ourense, reducindo nun 20% a cuantía destinada a este fin consonte os criterios que se están a aplicar en casos semellantes e previa presentación dunha Memoria final da actividade.

Acórdase  dotar dunha achega económica que proceda sobre a solicitude da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da UVigo.