cabecera

“Xornadas sobre Fundraising e Mecenado nas Universidades” e colaboracións coa Fundación Universidade de Vigo

O martes, día 1 de outubro de 2013, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 1 de outubro, martes, ás 12:35 h.

ORDE DO DÍA 

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (10.07.13).

2.      Informe do presidente.

3.      Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, sobre a proposta de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para a realización de actividades e a posta en marcha de iniciativas en distintos ámbitos de interese.

4.      Aprobación, se procede, das “Xornadas sobre Fundraising e Mecenado nas Universidades”, promovidas dende o Consello Social, e da asignación económica correspondente.

5.      Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización dun congreso internacional sobre Literatura.

6.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para o desenvolvemento do Congreso “Constitución de sociedades. Aspectos mercantís e fiscais”.

7.      Acordo que proceda sobre a proposta de adquisición de exemplares do Audiolibro “Doce cancións galegas”, como promoción cultural e agasallo institucional conmemorativo do Consello Social.

8.      Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (10.07.13).

Acórdase informar favorablemente ao Pleno da proposta de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI) para a realización de actividades e a posta en marcha de iniciativas en distintos ámbitos de interese, principalmente aquelas que favorezan a integración da UVigo no seu entorno económico, social e cultural, con especial atención a cantas accións  favorezan ao alumnado e á súa inserción laboral.

Acórdase a aprobación da celebración das “Xornadas sobre Fundraising e Mecenado nas Universidades”, promovidas dende o Consello Social en colaboración coa Reitoría.

Acórdase dotar dunha achega económica para apoiar a organización dun congreso internacional sobre Literatura, por estar concibido como espazo de concorrencia científica de alto nivel e tendo en conta as especiais dificultades desta especialidade para a captación de recursos que apoien as súas actividades.

Acórdase conceder unha axuda para atender gastos de poñentes e imprenta á Organización do Congreso “Constitución de sociedades. Aspectos mercantís e fiscais”.

Acórdase a adquisición de 250 unidades do audiolibro “Doce cancións galegas”, como promoción cultural e agasallo institucional conmemorativo do Consello Social.