cabecera

O Consello Social aproba as medidas económicas da Universidade de Vigo para a xestión académica do curso 2013/2014

27 06 2013. Categorías: Plenos, Plenos 2013

Por orde do señor presidente do Consello Social, don Ernesto Pedrosa Silva, prégolle que, como membro do devandito órgano, teña a ben asistir á reunión ordinaria abaixo consignada co fin de tratar os puntos sinalados na Orde do Día.

LUGAR: Sala I do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA: Día 27 de xuño, xoves, ás 11:30 horas.

 ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (02.04.13)

2. Informe do presidente.

3. Informe do Reitor.

4. Comunicación de acordos da Comisión Executiva (reunión 18 de abril de 2013).

5. Comunicación de acordos e informes da Comisión Executiva (reunión 19 de xuño de 2013).

6. Propostas de aprobación ao Pleno informadas favorablemente pola Comisión Económica (reunión 20 de xuño de 2013):

a) Contas auditadas de 2012 de Cidade Universitaria, S.A.

b) Contas auditadas de 2012 de Cidade Tecnolóxica (CITEXVI).

c) Contas auditadas de 2012 da Fundación Universidade de Vigo.

d) Liquidación do orzamento de 2012 da Universidade de Vigo. Exame das contas do exercicio. Análise da auditoría de contas e memoria de recomendacións.

e) Proposta de auditoría operativa sobre a actividade da Universidade de Vigo no exercicio2013 arealizar por encargo do Consello Social.

f) Medidas económicas da Universidade de Vigo para a xestión académica do curso 2013/2014.

g) Complementos de recoñecementos a profesores da Universidade de Vigo por cargos de xestión, excelencia curricular e labor docente e investigador. (convocatoria 2012).

h) Aceptación pola Universidade de Vigo da herdanza a beneficio de inventario de dona María Alicia Crespí, en Pontevedra.

i) Outros acordos: Importes de aplicacións de remanentes de libre disposición. Convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de marzo, abril e maio.

7. Creación de novas axudas de Universidade de Vigo para estudantes con dificultades económicas sobrevidas. Dotación dende remanente de libre disposición. Acordo que proceda sobre a continuidade ou suspensión das axudas homologables que concede o Consello Social.

8. Informe sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais para o curso 2013/2014 no SUG.

9. Informe sobre a creación de Empresas de Base Tecnolóxica e participación da Universidade de Vigo nas mesmas.

10. Rogos e preguntas.

Vigo, 20 de xuño de 2013

O secretario do Consello Social,

Ignacio Rodríguez Iglesias

Nota: A documentación completa do punto 6º d) referida á liquidación de contas queda á súa disposición nesta secretaría por se fóra do seu interese consultala.

A documentación correspondente aos puntos 6º g) e 6º i) enviarase soamente en formato dixital.

 

MEMBROS DO CONSELLO SOCIAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da reunión anterior (02.04.13).

Acórdase que o Pleno dáse por informado sobre os acordos da Comisión Executiva (reunión 18 de abril de 2013).

Acórdase que o Pleno da a súa conformidade sobre os acordos e informes da Comisión Executiva (reunión 19 de xuño de 2013).

Acórdase:

6.a)

  • Aprobar as contas de Cidade Universitaria, S.A.

6.b)

  • Aprobar as contas de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).

6.c)

  • Aprobar as contas da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).

6.d)

  • Aprobar as contas da Universidade de Vigo, destacando que por primeira vez preséntase un Informe de auditoría sen salvidades nin limitacións de alcance, e felicitar ao equipo económico da Universidade de Vigo, representado nas persoas do vicerreitor de economía e planificación e no xerente, polos resultados, a evolución e a xestión económica que presenta a Universidade de Vigo no presente exercicio.

6.e)

  • Iniciar o procedemento para encargar un informe de auditoría operativa, análise de procedementos e recomendacións sobre a área de xestión de investigación da Universidade de Vigo, conxuntamente coa auditoría financeira para a aprobación das contas anuais.
  • Delegar en don Jesús Graña o procedemento de tramitación.

6.f)

  • Aprobar as medidas económicas da Universidade de Vigo para a xestión académica do curso 2013/2014

6.h)

  • Aprobar a aceptación pola Universidade de Vigo da herdanza a beneficio de inventario de dona María Alicia Crespí, consonte proposta do Consello de Goberno (13 de xuño de 2013).

6.i)

  • Darse por informado da incorporación de remanentes de libre disposición (para ingresos en departamentos por contratos asinados conforme o artigo 83 da LOU) e (para pagamento á Fundación Centro Tecnolóxico Téxtil), aprobados en Consello de Goberno de 13 de xuño de 2013.
  • Darse por informado dos convenios asinados nos meses de marzo, abril e maio.

Acórdase:

  • Darse por informado da convocatoria de axudas a alumnos aprobada pola Universidade de Vigo para o curso 2013/2014, e da correspondente dotación de remanente.
  • Suspender as actuais axudas do Consello Social para situacións socio-económicas de carácter excepcional, e avaliar outras accións complementarias ás axudas da Universidade de Vigo.

Acórdase emitir informe favorable ao proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos dos estudos para a obtención de títulos oficiais no ensino universitario galego para o curso 2013/2014.

Acórdase emitir informe favorable para a creación e participacións das seguintes empresas como ETB da Universidade de Vigo: “Peloides Termales, S:L”, “Social Wire Labs, S.L”, “Hércules Control, S.L”, “Quantum Innovative, S.L”, “Gassport S.L”, “Itera-t, S.L” e “Ilumnia, S.L”.