cabecera

O Consello Social acorda aprobar as medidas económicas da Universidade de Vigo para a xestión académica do curso 2013-2014

20 06 2013. Categorías: Económicas, Económicas 2013

Por orde do Sr. Presidente da Comisión Económica do Consello Social, don Daniel Barata Quintas, prégaselle que, como membro do devandito órgano, teña a ben asistir á reunión ordinaria abaixo consignada co obxecto de tratar os puntos sinalados na Orde do Día.

LUGAR: Sala I de Xerencia – Edificio Servizos Centrais, Vigo

DÍA E HORA: Día 20 de xuño, xoves, ás 12:00 h.

 ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.02.13).

2. Auditoría de contas de Cidade Universitaria, S.A., de 2012, para informe ao Pleno.

3. Auditoría de contas de CITEXVI, de 2012, para informe ao Pleno.

4. Auditoría de contas da Fundación Universidade de Vigo, de 2012, para informe ao Pleno.

5. Análise da auditoría de contas e Memoria de recomendacións sobre a liquidación do orzamento de 2012 da Universidade de Vigo. Exame da memoria económica do exercicio.

6. Medidas económicas da Universidade de Vigo para a xestión académica do curso 2013-2014.

7. Informe sobre importes e aplicacións para incorporación de remanentes de libre disposición.

8. Proposta de aceptación pola Universidade de Vigo da herdanza de dona María Alicia Crespí a beneficio de inventario.

9. Informe de opcións para a elección dunha auditoría operativa sobre a Universidade de Vigo, consonte acordo da Comisión Económica o 28 de febreiro de 2013. Informe ao Pleno.

10. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de marzo, abril e maio de 2013.

11. Rogos e preguntas.

Vigo, 13 de xuño de 2013

O secretario do Consello Social,

Ignacio Rodríguez Iglesias

Nota: A documentación completa do punto 5º da Orde do día referida á liquidación de contas queda á súa disposición nesta secretaría por se fóra do seu interese consultala.

 SRES. MEMBROS DA COMISIÓN ECÓNOMICA DO CONSELLO SOCIAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase aprobar a acta da sesión anterior (28.02.13).

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre a auditoría de contas de Cidade Universitaria, S.A., de 2012.

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre a auditoría de contas de CITEXVI, de 2012.

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre a auditoría de contas da Fundación Universidade de Vigo, de 2012.

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre a análise da auditoría de contas e Memoria de recomendacións sobre a liquidación do orzamento de 2012 da Universidade de Vigo.

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre as Medidas económicas da Universidade de Vigo para a xestión académica do curso 2013-2014.

Acórdase que a Comisión dáse por informada sobre importes e aplicacións para incorporación de remanentes de libre disposición.

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre a proposta de aceptación pola Universidade de Vigo da herdanza de dona María Alicia Crespí a beneficio de inventario.

Acórdase elevar informe favorable para aprobación do Pleno sobre a elección dunha auditoría operativa sobre a Universidade de Vigo, consonte acordo da Comisión Económica o 28 de febreiro de 2013.

Acórdase que a Comisión dáse por informada sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de marzo, abril e maio de 2013.