cabecera

Paolo Vasile protagoniza a terceira edición do acto de recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo organizado polo Consello Social

11 06 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2013

A Universidade de Vigo agradeceu publicamente a confianza demostrada polas empresas que colaboran coa institución (mediante convenios de prácticas para os alumnos, cátedras e contratos de I+D) nun acto no que todos os focos se centraron no magnate televisivo, Paolo Vasile.

O empresario da comunicación e conselleiro delegado de Mediaset España, comentou que “unha televisión non pode ir ben nun mundo que vai malo”, a pesar de recoñecer que a crise económica se traduciu nun maior consumo de televisión. Tamén sentenciou que o actual contexto de recesión económica “está a subliñar a importancia da televisión e a comunicación en xeral”. A xente está máis na casa, porque se sae, gasta. Viaxar a través da televisión tamén é positivo”, engadiu.

Vasile fixo estas declaracións tras asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo, a través do cal os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais (Comunicación e Publicidade) poderán facer prácticas nas empresas de Mediaset. Así mesmo, o acordo servirá para que profesionais deste grupo impartan cursos ou dean charlas na Universidade olívica.
O presidente do Conselo Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, exerceu de anfitrión no acto, que cualificou como “singular” e “necesario” en España. Ademais valorou o papel da Universidade na formación de persoas con espírito crítico, no crecemento económico e a súa capacidade para innovar.

Descargar noticia

Descargar noticia

Descargar noticia

Descargar noticia

Descargar noticia

Descargar noticia