cabecera

Apróbanse as Normas de Permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de Grao e de Máster Universitarios da UVigo

02 04 2013. Categorías: Plenos, Plenos 2013

O martes, día 2 de abril de 2013, ás 11:45 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

 ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.12.12)

2. Informe do Presidente.

3. Informe do Reitor.

4. Propostas ao Pleno e acordos da Comisión Executiva (reunión 5 de marzo de 2013).

a) Informe sobre as Normas de Permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de Grao e de Máster Universitarios da UVigo. Proposta de aprobación, se procede, consonte o artigo 5.1)la Leide Consellos Sociais do Sistema Universitario Galego.

b) Acordo para asignación de retribucións adicionais ligadas á excelencia curricular e a méritos de xestión a profesores da UVigo (recursos á convocatoria de 2011 resoltas favorablemente pola ACSUG), consonte o artigo 4.h) da Lei de Consellos Sociais do SUG.

c) Outros acordos.

5. Proposta da Comisión delegada para a organización do 3º Acto de Recoñecemento ás empresas e organizacións que colaboran coa UVigo (reunión 5 de febreiro de 2013). Aprobación, se procede.

6. Propostas ao Pleno elevadas e informadas favorablemente pola Comisión Económica (reunión do 28 de febreiro de 2013).

a) Exposición do avance da auditoría de contas da UVigo correspondentes a 2012, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

b) Calendario e previsión do procedemento para a recepción do Informe definitivo de Auditoría para someter á aprobación do Pleno.

c) Aprobación, se procede, do inicio do proceso para encargar a Auditoría e Memorando de recomendacións das contas de UVigo sobre os exercicios 2013 e 2014, coa incorporación dunha auditoría operativa.

7. Propostas ao Pleno e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión 12 de marzo de 2013).

a) Aprobación, se procede, da asignación de axudas recollidas na convocatoria anual do Consello Social a titulacións con difícil acceso ás prácticas preprofesionais.

b) Outros acordos.

8. Comunicación de acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión 29 de xaneiro de 2013).

9. Informe que proceda sobre a extinción do Título de Grao en Consultoría e Xestión da Información (consonte acordo do Consello de Goberno de 21 e 22 de marzo de 2013).

10. Informe sobre o Programa de simultaneidade dos estudos de Grao en Administración e Dirección de Empresas e Enxeñería Informática, no Campus de Ourense (Acordo do Consello de Goberno do 21 e 22 de marzo de 2013).

11. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos mes de decembro de 2012 e xaneiro e febreiro de 2013.

12. Rogos e preguntas.

                                        Vigo, 25 de marzo de 2013

                                                                O secretario do Consello Social,

                                                                                              Ignacio Rodríguez Iglesias

A documentación correspondente cos puntos 4ºa), 4ºb, 6ºa) e 6º c) enviarase soamente en formato electrónico.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO SOCIAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación por asentimento, coa abstención de dona Marta Dacosta “por non ter asistido a esa sesión” da acta da reunión anterior (27.12.12).

Acórdase a aprobación por unanimidade das Normas de Permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de Grao e de Máster Universitarios da UVigo.

Acórdase a asignación de retribucións adicionais ligadas á excelencia curricular e a méritos de xestión a profesores da UVigo (recursos á convocatoria de 2011 resoltas favorablemente pola ACSUG), consonte o artigo 4.h) da Lei de Consellos Sociais do SUG.

Acórdase que o Pleno dáse por informado doutros acordos.

Acórdase que o Pleno aproba a proposta da Comisión delegada para a organización do 3º Acto de Recoñecemento ás empresas e organizacións que colaboran coa UVigo (reunión 5 de febreiro de 2013), coa abstención de dona Marta Dacosta.

Acórdase  que o Pleno dáse por informado sobre a Exposición do avance da auditoría de contas da UVigo correspondentes a 2012, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

Acórdase que o Pleno dáse por informado sobre o Calendario e previsión do procedemento para a recepción do Informe definitivo de Auditoría.

Acórdase que a aprobación da  proposta, nos termos presentados, do inicio do proceso para encargar a Auditoría e Memorando de recomendacións das contas de UVigo sobre os exercicios 2013 e 2014, coa incorporación dunha auditoría operativa.

Acórdase a aprobación da distribución das axudas recollidas na convocatoria anual do Consello Social a titulacións con difícil acceso ás prácticas preprofesionais.

Acórdase que o Pleno dáse por informado doutros acordos.

Acórdase que o Pleno dáse por informado do punto número 8.

Acórdase que o Pleno informa favorablemente do punto número 9.

Acórdase que o Pleno informa favorablemente do punto número 10.

Acórdase que o Pleno dáse por informado do punto número 11.