cabecera

A Comisión acorda a realización dunha auditoría externa das contas da Universidade de Vigo para os exercicios 2013 e 2014

28 02 2013. Categorías: Económicas, Económicas 2013

O xoves, día 28 de febreiro de 2013, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.12.12).
  2. Análise do Informe de avance da auditoría de contas da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2012, consonte o disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril. Acordo que proceda. (documentación reservada)
  3. Calendario e procedemento a seguir para a recepción do Informe de auditoría e o Memorando de recomendacións sobre as contas do exercicio 2012 da Universidade de Vigo.
  4. Acordo sobre a realización da auditoría externa das contas da Universidade de Vigo (exercicio 2013 e seguintes) consonte o artigo 4 d) da Lei 1/2003, de 9 de maio, dos Consellos Sociais do SUG. Procedementos, prazos e criterios, se procede.
  5. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (21.12.12).

Acórdase que a Comisión dáse por informada e remite o asunto ao Pleno para o seu coñecemento (Punto 2).

Acórdase que a Comisón dáse por informada sobre o calendario e procedemento a seguir para a recepción do Informe de auditoría e o Memorando de recomendacións sobre as contas do exercicio 2012 da Universidade de Vigo.

Acórdase:

  • Iniciar o proceso para encargar a auditoría e Memorando de recomendacións das contas da Universidade de Vigo para os exercicios 2013 e 2014 cos mesmos criterios técnicos e de adxudicación aplicados ata a data.
  • Delegar no xerente a elección do contido máis conveniente para encargar unha auditoría operativa.