cabecera

Convocatoria do Pleno do 27.12.12

26 12 2012. Categorías: Plenos, Plenos 2013, Próximas convocatorias

Por orde do Señor Presidente do Consello Social, don Ernesto Pedrosa Silva, prégolle que, como membro do devandito Órgano, teña a ben asistir á reunión ordinaria abaixo consignada co fin de tratar os puntos sinalados na Orde do Día.

LUGAR: Facultade de CC. Sociais e da Comunicación (Campus Pontevedra)
Sala de Xuntas (planta 3ª)
DÍA E HORA: Día 27 de decembro, xoves, ás 12:00 horas.

                                                   ORDE DO DÍA


1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (13.11.12)

2. Informe do Presidente.

3. Informe do Reitor.

4. Informe que proceda sobre a creación da Escola de Doutoramento da Universidade de Vigo.

5. Informe que proceda sobre a extinción dos seguintes títulos de Máster Universitario: Máster en Economía; Máster en Investigación en Comunicación; Máster en Investigación Económica Rexional e Políticas Comunitarias.

6. Informe sobre o cambio de nome de títulos de Programas de Doutoramento para o curso 2013/2014 (aprobados en Pleno de 13 de novembro de 2012): Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria; Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces; Ecosistemas, Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais.

7. Informe do membro do Consello Social, don Julio Estévez, sobre a proposta dun novo Grao en Enxeñaría Biomédica, a compartición de docencia coa Facultade de Medicina e a proposta de Adscrición das Ensinanzas Artísticas Superiores á Universidade de Vigo.

8. Aprobación, se procede, das taxas “Campus Camp do Nadal” no Campus de Vigo.

9. Propostas e informes favorables da Comisión Executiva (sesión de 3 de decembro) para elevación ao Pleno.

a) Aprobación, se procede, da nova convocatoria de axudas do Consello Social para Prácticums no curso 2012/2013.

b) Apoio á campaña de captación e desenvolvemento do Mecenado na UVigo.

c) Comunicación ao Pleno doutros acordos.

10. Nomeamento e composición da Comisión delegada de Actividades e Servizos.

11. Nomeamento e composición da Comisión temporal para o Recoñecemento ás Empresas e Organizacións que colaboran coa UVigo. Preparación da terceira edición, en 2013.

12. Designación para completar a composición da Comisión Executiva do Consello Social.

13. Propostas e informes favorables da Comisión Económica (sesión do 21 de decembro) para elevación ao Pleno.

a) Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario 2013, consonte o Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

b) Aprobación, se procede, do Orzamento da UVigo para o exercicio 2013 (Acordo do Consello de Goberno de 21 de decembro de 2012).

c) Informe sobre o papel do Consello Social na aplicación do Real Decreto Lei 14/2012 para a liquidación do Orzamento da Universidade. Incidencia na data de entrega da auditoría de contas.

d) Aprobación, se procede, da cesión de equipos da UVigo a CIC biomaGUNE, consonte convenio.

14. Aprobación, se procede, das liñas xerais do Orzamento do Consello Social para o exercicio 2013. Plan de actuación.

15. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de novembro.

16. Rogos e preguntas.

Vigo, 20 de decembro de 2012

O secretario do Consello Social,

Ignacio Rodríguez Iglesias

Descargar PDF