cabecera

Pedrosa participa no último Martes ConVida do cuadrimestre

03 12 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

Ao longo dos meses de outubro e novembro os postos de fomento da vida saudable entre a comunidade universitaria dos Martes ConVida percorreron o campus de Ourense e, como novidade na edición deste cuadrimestre, tamén os campus de Pontevedra e Vigo. Esta semana remataron o seu periplo e fixérono realizando un balance moi positivo dos ...

Ernesto Pedrosa asiste á presentación da obra “El Padre Feijoo y el Derecho de su tiempo: una visión premonitoria de problemas candentes en la actualidad”

03 12 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

O Padre Feijoo, explica Luis Rodríguez Ennes, catedrático de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados da Universidade de Vigo, foi un dos principais pensadores europeos do século XVIII e o máis destacado ilustrado galego e español. Non foi xurista pero, áxil observador da sociedade do seu tempo, era moi consciente da importancia do Dereito na ...

O presidente do Consello Social salienta a importancia do deporte para o desenvolvemento de valores persoais na XXII Gala do Deporte Universitario

03 12 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

Máis de 7000 persoas participan cada curso nas actividades do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. Máis de 2500 fano nas ligas universitarias de baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol 7 ou voleibol. As instalacións dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo son referentes nas súas respectivas cidades. Unha Facultade de Ciencias da Educación e ...

A Escola de Telecomunicación crea un plan pioneiro de acollida de alumnos co apoio do Consello Social

15 11 2013. Categorías: Actos, Actos 2013, Patrocinios, Patrocinios 2013

A proximidade e a complicidade son as claves. O proxecto de mentorización da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación chegou para quedarse e tanto os estudantes titores coma os seus compañeiros de primeiro curso se amosan “implicados, entusiasmados e participativos”. Estas son as impresións tanto do equipo directivo do centro, con Edita de Lorenzo á fronte, ...

O Consello Social participa nun congreso de expertos fiscais e mercantís para crear empresas

04 11 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

No contexto actual de crise económica a constitución de sociedades mercantís formula numerosas posibilidades pero tamén interrogantes. Tentar darlle resposta e delimitar claramente todas as circunstancias que han de terse en conta á hora de constituír unha sociedade é o obxectivo co que se pon en marcha o 1º Congreso de Constitución de Sociedades, “un ...

O Consello Social promove unhas Xornadas nacionais de Fundraising para favorecer o Mecenado nas universidades

24 10 2013. Categorías: Actos, Actos 2013, Patrocinios, Patrocinios 2013

A nova lei de mecenado na que está a traballar o Goberno central pode abrir novas e importantes vías de financiamento para as universidades públicas, novos camiños de especial importancia sobre todo en tempo de crise e de recortes. As institucións académicas comezan xa a preparar o camiño deste futuro e a formar ao seu ...

Ernesto Pedrosa inaugura un congreso que reune a expertos internacionais no Campus de Ourense

23 10 2013. Categorías: Actos, Actos 2013, Patrocinios, Patrocinios 2013

“Máis alá da resolución dos conflitos, a cultura da mediación que se está estendendo pode dar unha resposta de calidade ao cidadán”. Deste xeito resumiu Antonio Dorado, vogal do Consejo General del Poder Judicial, as grandes expectativas que hai postas na aplicación da mediación como fórmula para solucionar litixios entre partes pero tamén como forma ...

Ernesto Pedrosa salienta en Ourense a importancia do Campus ConVida no que colabora o Consello Social

26 09 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

Desde o curso 2010/2011 o campus de Ourense está decidido a mellorar os hábitos de vida da comunidade universitaria e razóns para marcarse ese obxectivo parece que non lle faltan. Este xoves fíxose balance das actividades do proxecto saudable Campus ConVida e entre os datos recadados na súa edición 2012/2013 están que existe unha porcentaxe ...

Abre o Máster en Dereio da Empresa coa participación do presidente do Consello Social

16 09 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

“Non existe o dereito ao pesimismo, de feito é unha necidade e unha maldade”, explicaba Antonio Garrigues Walker, presidente do despacho de avogados Garrigues, na conferencia de apertura da primeira edición do Máster en Dereito da Empresa. O letrado de 79 anos amosouse convencido de que veñen bos tempos para España e para o mundo ...

Paolo Vasile, invitado especial na terceira edición do acto de recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo, organizado polo Consello Social

11 06 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

A Universidade de Vigo agradeceu o pasado 11 de xuño a confianza demostrada polas empresas que colaboran coa institución nun acto público celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e promovido polo Consello Social, no que todos os focos se centraron no invitado de honra do evento, o conselleiro delegado de Mediaset Paolo Vasile. O reitor vigués, Salustiano Mato, ...

Ernesto Pedrosa asiste ao acto de graduación dos alumnos das 6 titulacións e dos once mestrados da Escola de Enxeñería Industrial

06 06 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

O director da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, Juan Pou, recomendou aos 600 titulados e tituladas que celebraron o seu acto de graduación no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia que “non teñades medo ao futuro, porque o futuro non hai que esperalo, senón que debemos construílo día a día”. Os egresados estiveron ...