cabecera

Ernesto Pedrosa participou na inauguración do XVI Encontro de Responsables de Protocolo e Relacións Institucionais das Universidades Españolas e o VIII Encontro Hispano-luso de Protocolo Universitario

26 05 2017. Categorías: Actos, Actos 2017, Prensa, Prensa 2017

Na península ibérica existen universidades con séculos de historia ás súas costas, institucións como a de Salamanca, que neste 2017 cumpre 800 anos, ou a de Coimbra, con máis de 700. O cerimonial, costumes e normas que rexen as relacións, actos e eventos no eido universitario teñen mudado moito no transcurso de todo ese tempo. ...

Ernesto Pedrosa abre as IV Xornadas de Fundraising organizadas polo Consello Social en colaboración coa Universidade de Vigo

11 05 2017. Categorías: Actos, Actos 2017, Prensa, Prensa 2017

Expertas e expertos internacionais e nacionais analizaron as claves da captación de recursos de natureza privada xunto coa súa xestión durante as IV Xornadas para a promoción do melenado universitario, celebradas os días 4 e 5 de maio, na sede da Fundación Barrié en Vigo. Cada un dos e das poñentes presentou o seu modelo ...

Pedrosa comparte a necesidade de xerar vínculos entre emprendemento e Universidade

23 12 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016
Pedrosa comparte a necesidade de xerar vínculos entre emprendemento e Universidade

A innovación empresarial en Galicia, o control de horarios, o novo regulamento europeo en materia de protección de datos ou a recente sentenza do Tribunal de Luxemburgo respecto das diferencias na indemnización por despedimento entre contratos temporais ou indefinidos constituiron algunhas das temáticas que nas xornadas do martes 20 e mércores 21 centran un debate ...

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV CIVE

27 10 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016
O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV CIVE

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación que reúne na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a expertos e profesionais de diferentes países, co propósito de afondar no potencial educativo destes recursos. Ernesto Pedrosa estivo acompañado no acto polo vicerreitor ...

Ernesto Pedrosa Silva: “O futuro traerá profesións que hoxe nin imaxinamos, xunto coa reinvención de moitas outras”

05 05 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte inaugurou o día 2 de maio unhas xornadas  tituladas Roteiros cara o mundo laboral que prentenden axudar na busca de emprego ao alumnado que remata en poucos días os seus estudos. O acto inagural contou coa presenza de Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus; Vicente Romo, ...

Ernesto Pedrosa salienta a necesidade de renovación da linguaxe e do modelo universitario na inaguración do II Fordo do Cosello Social

05 05 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O pasado día 3 de maio, na cidade de Pontevedra inaugurouse o II Foro do Consello Social. Este ano o ciclo de conferencias estivo adicado ás relacións entre a universidade e a sociedade. No seu discurso inaugural, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa Silva, enfatizou a necesidade que ten esta ...

O presidente do Consello Social, un dos encargados de inaugurar as ‘Xornadas sobre réximes tributarios especiais’

29 04 2016. Categorías: Actos, Actos 2016

Numerosos especialistas procedentes de países tan diversos como Uruguai, China, Holanda ou Polonia acudiron o día 28 ao Seminario Internacional sobre zonas de réximenes tributarios especiais. Organizado pola Universidade de Vigo e o International Bureau of Fiscal Documentation, IBDF, o seminario conta coa participación de investigadores e investigadoras internacionais especializados nas denominadas zonas de réximes tributarios ...

Ernesto Pedrosa asiste á entrega da quinta edición dos premios Incuvi-Emprende

01 04 2016. Categorías: Actos, Actos 2016

Os premios Incuvi cumpren un lustro buscando as mellores iniciativas emprendedoras universitarias para convertelas en realidades empresariais. Nestas cinco edicións presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups de alto valor innovador nos tres campus. Este xoves déronse a coñecer as 12 propostas gañadoras da edición 2016 dos premios Incuvi-Emprende e as dúas iniciativas ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu á Inaguración das XII Xornadas de Sociedade e Dereito

31 03 2016. Categorías: Actos, Actos 2016

As décimo segundas xornadas de Sociedade e Dereito os días 28 e 29 de marzo e 1, 4, e 5 de abril na Facultade de Dereito ourensá, foron inauguradas nun acto que contou coa participación de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Miguel Ángel ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu ao acto inaugural de Edugal

18 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia EDUGAL, celebrou o día 17 de febreiro a inauguración da súa quinta edición con diferentes espazos dedicados aos diferentes graos que existen na Universidade de Vigo. O Presdiente do Consello Social asistiu a esta primeira xornada, pois o Consello Social patrocina esta actividade destinada a ...

Ernesto Pedrosa asiste á inaguración da conferencia Cambio climático: visións interdisciplinarias tras a COP21

18 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo asistiu o día 17 de febreiro ao acto inagural do ciclo de conferencias Cambio climático: visións interdisciplinarias tras a COP21. Estas mesas redondas están organizadas polo grupo de investigación EphysLab da Universidade de Vigo co patrocinio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Consello Social da ...

Ernesto Pedrosa acode ao acto de entrega das insignias e medallas da Universidade no día de Santo Tomé de Aquino

04 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O pasado 28 de xaneiro, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, acudiu un ano máis á entrega das insignias e das medallas da Universidade de Vigo no acto de celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino. Os galardoados foron un total de 91 alumnos con calificacións de “excelencia”: 50 de grao, 34 ...

O Consello Social aproba o orzamento para o 2016 da Universidade de Vigo

31 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Plenos, Plenos 2015

O pasado día 30 de decembro, o Consello Social deu finalmente o visto e prace dos orzamentos da Univesidade de Vigo para o ano 2016. A sesión, celebrada na Casa das Campás en Pontevedra, citou os diferentes membros deste organismo. O seu presidente, Ernesto Pedrosa, destacou na súa intervención o bo estado das contas da ...

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar o Campus Crea2i

04 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Campus Crea2i é un proxecto de especialización do campus pontevedrés, que na noite xoves celebrou a súa presentación en sociedade. O proxecto que integra baixo unha mesma identidade todas as áreas de coñecemento que coexisten no campus emprende, como sinalou o reitor, Salustiano Mato, “un camiño de futuro” co propósito de dotar a Pontevedra e ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu á entrega da medalla de Amigo Distinguido a Luis Espada Recarey

04 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

A asociación Alumni Universidade de Vigo nomeou ao profesor Luis Espada Recarey, Amigo Distinguido de Alumni Vigo. “É un recoñecemento que asumo como símbolo a todo o saber que tiven a oportunidade de recibir e transmitir ao longo de toda a miña vida”, admitiu Espada, que, emocionado, se manifestou “honrado” por recibir esta distinción e ...

Ernesto Pedrosa presidiu o Acto de apertura do curso do Programa de Maiores

16 10 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O vindeiro 22 de outubro celebrarase o acto de graduación da undécima promoción dos universitarios sénior, xunto coa novena dos superiores sénior. En total son 40 alumnos e alumnas de entre 57 e 75 anos que recollerán os seus diplomas nesta edición. A Universidade de Vigo leva 11 anos ofertando esta modalidade de estudos que ...

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar as xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios para los operadores portuarios’

03 07 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 1 de xullo, tivo lugar o acto de inauguración das xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios  para los operadores portuarios’, no Edificio de Sesións do Peirao de Transatlánticos. O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, foi unha das persoas encargadas de dar ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, presidiu o acto de graduación da Escola de Enfermería de Povisa

19 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 17 de xuño de 2015, tivo lugar a graduación da Escola de Enfermería de Povisa no Centro Social Afundación, un acto que estivo presidido polo presidente do Consello Social. Ernesto Pedrosa Silva acudiu en representación do reitor da Universidade de Vigo e estivo acompañado polo alcalde, Abel Caballero, o presidente do padroado ...

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, representou ao reitor no acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial

05 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Onte, xoves 4 de xuño, tivo lugar no Auditorio Pazo de Congresos Mar o acto de graduación de 223 estudantes de grao e 83 de mestrado da Escola de Enxeñería Industrial. A esta cerimonia, presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acudiu Ernesto Pedrosa Silva, o presidente do Consello Social, en representación ...

Presentouse o proxecto Ágora, unha iniciativa que conta co apoio do Consello Social

O pasado 27 de maio tivo lugar o acto de presentación do proxecto Ágora, unha iniciativa impulsada polo Programa de Maiores da Universidade de Vigo que conta co apoio do Consello Social. A finalidade deste proxecto é ampliar os medios de acceso ao coñecemento cos que contan os estudantes sénior da Universidade. Entre os asistentes ...

O Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, patrocinado polo Consello Social, tratou a reforma laboral de 2012

O pasado venres, día 8 de maio, tivo lugar no campus vigués o Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, pratrocinado polo Consello Social. Durante esta xornada, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra y pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, foron varios os profesionais que interviñeron para facer unha valoración ...

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, un dos representantes da Universidade de Vigo na entrega dos Premios Pontevedreses 2014

08 05 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 6 de maio, tivo lugar a entrega dos Premios Pontevedreses 2014, outorgados polo Diario de Pontevedra. Nesta gala, a Universidade de Vigo recibiu o galardón da categoría de investigación pola labor que leva desenvolvendo neste eido durante os seus 25 anos existencia. O reitor da Universidade, Salustiano Mato, foi o encargado de ...

Unha competición de robots na Escola de Enxeñería Industrial patrocinada polo Consello Social

O pasado venres 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial a I Competición de Robots para estudantes de ensino secundario, patrocinada polo Consello Social. A organización desta actividade viuse motivada polo desexo de achegar ao alumnado de secundaria á universidade e, ao mesmo tempo, introducilo dun xeito sinxelo e divertido no mundo ...

No Foro do Consello Social reflexionouse sobre a importancia da comunicación da Universidade coa sociedade

30 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado venres, día 24 de abril, tivo lugar o Foro do Consello Social cuxo lema era A comunicación necesaria. Coa pregunta do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, “Por que universidades con séculos de historia non foron capaces de  impulsar unha comunicación fluída coa súa contorna?”, arrancou unha xornada na que diversos académicos, ...

Hoxe, venres 24 de abril, ten lugar o Foro do Consello Social ‘Universidade e sociedade: comunicación necesaria’

O Consello Social promove un foro que ten lugar hoxe, venres 24 de abril, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no que baixo o lema “Universidade e sociedade: comunicación necesaria” se fará balance sobre o resultado práctico dos primeiros 25 anos da Universidade de Vigo. Este foro estará composto de varias conferencias e ...

Ernesto Pedrosa Silva, presente nunha xuntanza na que se asinou un convenio de colaboración co Parlamento de Galicia

24 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O xoves día 16 de abril, Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, estivo nunha xuntanza na que os reitores das tres universidades galegas asinaron un convenio para que os estudantes de Dereito poidan realzar prácticas externas no Parlamento de Galicia. Nesta reunión, na que se atopaban os presidentes dos tres ...

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, estivo presente na homenaxe ao persoal xubilado da Universidade de Vigo

24 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado día 19 de marzo, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, estivo presente na homenaxe ao persoal xubilado, tanto PAS como PDI, que fixo posible a posta en marcha da Universidade de Vigo, que se celebrou no Paraninfo. Ernesto Pedrosa foi un dos representantes da actualidade da institución académica, acompañado, entre outros, polo ...

Manuel Pizarro, novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas

27 02 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Manuel Pizarro, novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas -Sucede a Joaquín Moya-Angeler, quen renuncia de maneira voluntaria ao cargo -Ladislao Azcona  incorpórase  ao Comité Executivo como vocal Madrid, 27 de febreiro de 2015. Manuel Pizarro foi proclamado novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas (CCS) nunha Asamblea Xeral ...

O Consello Social colabora na publicación do libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez

O libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez contou coa colaboración do Consello Social para a súa edición e posterior publicación. Neste libro o seu autor quere achegar información aos lectores sobre o labor exercido diariamente por directivos, profesores e esgresados en relación coa asociación de Amigos e Antigos Alumnos (Alumni) da ...

Dous acordos de colaboración entre o Consello Social e o campus de Ourense

29 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 27 de xaneiro tivo lugar a primeira reunión directa entre o vicerrector do campus de Ourense Virxilio Rodríguez co presidente e o secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa e Ignacio Rodríguez. Esta xuntanza finalizou con dous acordos de colaboración, así como co compromiso de que estas dúas institución ...

O Consello Social aproba o orzamento para a Universidade de Vigo en 2015, que ascende a 165,2 millóns

22 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O luns día 29 de decembro tivo lugar, na Casa das Campás en Pontevedra, unha sesión ordinaria do pleno do Consello Social na que foi aprobado, definitivamente, o orzamento da Universidade para 2015. Contando co voto favorable de todos os presentes, o orzamento ascende a 165,2 millóns de euros. A importancia do mesmo radica na ...

Ernesto Pedrosa Silva, un dos representantes da comunidade universitaria no Concerto de Nadal

15 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2014

O xoves 12 de decembro, celebrouse no Centro Cultural AFundación o Concerto de Nadal, que se converteu xa na cita máis clásica da axenda cultural universitaria. Este concerto contou con diferentes representantes da comunidade universitaria, atopándose entre os asistentes Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, entre outros. Este ...

Ernesto Pedrosa Silva fai entrega do premio ao profesor Joaquín Dosil na XXIII Gala do Deporte Universitario

13 12 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado 11 de decembro, tivo lugar a XXIII Gala do Deporte Universitario, que nesta ocasión se celebrou ás 20.00 horas no Centro Social Afundación do Campus de Pontevedra. Para render homenaxe a algunhas das persoas que destacan non só polo seu éxito nas competicións en que participan, senón tamén pola súa contribución á difusión ...

Ernesto Pedrosa: “temos un longo camiño por diante para acadar o financiamento privado e o mecenado convértese nun clamor, nunha forma de vida”.

11 12 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Os pasados xoves 4 e venres 5 de decembro tivo lugar, na Fundación Barrié, a segunda edición das Xornadas de fundraising e mecenado, unhas xornadas organizadas pola Universidade de Vigo, o seu Consello Social e a Conferencia de Consejos Sociales das universidades españolas. Estas centráronse no debate sobre a captación de fondos, o mecenado e o ...

IV Conferencia Ibérica de Emprendemento

21 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Desde o  pasado día 23 de outubro ata o 26 dese mesmo mes, tivo lugar a IV ConferenciaIbérica de Emprendemento, un evento organizado pola Universidade de Vigo e a Asociación Portuguesa para o Emprendemento (Empreend), na que preto de 60 expertos, investigadores, directivos e profesionais compartiron a súa visión do mundo do autoemprego coa idea de promover ...

Inauguración das Xornadas sobre réxime financieiro e tributario dos portos do Estado

14 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Os pasados luns 10 e martes 11 de novembro tiveron  lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo as Jornadas sobre régimen financiero y tributario de los puertos del Estado. Un dos temas principias destas xornadas foi a importancia que teñen os portos na economía da cidade de Vigo, dado que se atopa no ...

Clausura do curso de formación que impartiu o grupo Mediaset na Facultade de CC SS e da Comunicación

14 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado venres día 7 de novembro tivo lugar, no salón de plenos da Deputación, o acto de clausura do curso de formación que  foi impartido polos responsables do grupo Mediaset, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, desde o 19 de setembro ata ese mesmo día. Este curso incluise no marco dun convenio ...

Acto de inauguración das XIII Xornadas Internacionais sobre o Asociacionismo nos Programas Universitarios para Maiores

13 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado día 17 de setembro, tivo lugar o acto de inauguración das XIII Xornadas Internacionais sobre o Asociacionismo nos Programas Universitarios para Maiores que tivo lugar no Teatro García Barbón. Neste acto estivo presente e deu un discurso no que, ademais, presentou a Eduard Punset o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, xunto co ...

Presentación do curso de formación que impartiu o grupo Mediaset na Facultade de CC SS e da Comunicación

07 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O día 19 de setembro tivo lugar, na Casa das Campás, a presentación do curso de formación que  que  ía ser impartido polos responsables do grupo Mediaset, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, desde ese mesmo día ata o 7 de novembro. Este curso está incluido no marco dun convenio que asinaron Mediaset ...

Seminario internacional de conclusións: a mediación como método de planificación social

06 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Os días 22 e 23 de setembro, tivo lugar na Facultade de Dereito do Campus de Ourense o “Seminario internacional de conclusións: a mediación como método de planificación social”, seminario que pechou un ciclo de traballo sobre o emerxente papel da mediación e da figura do mediador, levado a cabo desde 2012, que fixo posible ...

I Congreso Internacional SOS-VICS «Construír Pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero»

31 10 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

 Os pasados xoves 25 e venres 26 de setembro, tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución o I Congreso Internacional SOS-VICS  «Construír Pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero», congreso que constituíu o broche final ao traballo desenvolvido ao longo do prazo de execución do proxecto SOS-VICS, Speak Ouf for Support. Neste ...

Xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise

23 10 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado xoves 11 de setembro, na sala I do Edificio Miralles, tivo lugar unha xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise, organizado polo Consello Social da Universidade de Vigo coa colaboración do Vicerreitorado de Economía e Planificación, de Xerencia e da Xefatura do Servizo de Control Interno.Durante ...

“Vexo representada neste alumnado una sociedade viva e unha imaxe fiel da Universidade, as súas esencias e posibilidades”

18 06 2014. Categorías: Actos, Actos 2014

Acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial O xoves 12 de xuño, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo tivo lugar o acto de graduación do alumnado da Escola de Enxeñería Industrial, que presidiron e apoiaron diferentes personalidades, entre elas o director da Escola, Juan Pou, o reitor, Salustiano Mato e o presidente ...

Apoio ao desenvolvemento da mobilidade, a investigación e a cultura no campus de Ourense

04 06 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O Pasado martes 3 de xuño, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tivo lugar o acto de presentación de dous convenios de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e a Universidade de Vigo, centrados no desenvolvemento da cultura, a mobilidade e a investigación no campus de Ourense. Contouse coa presencia do reitor da Universidade, Salustiano ...

Acto de toma de posesión do reitor Salustiano Mato

30 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O presidente do Consello Social, Don Ernesto Pedrosa, participou onte do acto de toma de posesión do reelixido reitor Salustiano Mato. Selección de novas en prensa: Ver nova de Faro de Vigo. Ver nova de Atlántico Diario. Ver nova de La Voz de Galicia. Fotografías tomadas por DUVI (Diario da Universidade de Vigo) onte, durante o acto:  

Ernesto pedrosa Silva no acto inaugural do XI Lusocom

16 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo estivo o pasado venres 11 de abril no acto inaugural do Congreso XI Lusocom na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. O congreso reune a diferentes expertos do espazo lusófono e propón un debate sobre a Marca Territorio: construcción das ...

Presenza do Consello Social na mesa inaugural das ‘Xornadas de Comunicación Institucional e Imaxe Pública’

11 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Ernesto Pedrosa Silva, estivo o día 9 de abril na mesa inaugural das Xornadas de Comunicación Institucional e Imaxe Pública que se organizaron na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, que clausuraron onte cun total de 375 asistentes. A continuación as novas en prensa sobre o acto e asistencia: Ver ...

Ernesto Pedrosa inaugura as ‘XI Xornadas Sociedade e Dereito’

09 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O presidente do Consello Social Ernesto Pedrosa, xunto con María Lameiras, vicerreitora en funcións do campus de Ourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense; Roberto Bustillo, decano da Facultade de Dereito; Arturo González, decano do Colexio de Avogados de Ourense, e José Agustín González-Ares, inauguraron este pasado martes 9 de abril as ‘XI ...

Acto de inauguración e presentación dos cursos “Intelixencia emocional, talento e empregabilidade” na Casa das Campás

26 03 2014. Categorías: Actos, Actos 2014

Ernesto Pedrosa, xunto con Antonia Blanco, vicerreitora do campus de Pontevedra, protagonizaron o acto de presentación do 12 de marzo dos cursos programados para o campus de Pontevedra “Intelixencia emocional, talento e empregabilidade”, na Casa das Campás.   Ver nova de Diario de Pontevedra. Ver outra nova de Diario de Pontevedra.  

Presenza do presidente do Consello Social no 25 aniversario da AJE Pontevedra

26 03 2014. Categorías: Actos, Actos 2014

Ernesto Pedrosa acudiu ao acto de celebración organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra no seu 25 cumpleaños, no que se recoñeceu o labor realizado polos presidentes de la Asociación e se anunciou a próxima posta en marcha de dous novos “espacios emprendedores” Ver nova de Faro de Vigo. Ver nova de Pontevedra Viva.

Ernesto Pedrosa na 3ª edición dos Premios Incuvi Emprende

26 03 2014. Categorías: Actos, Actos 2014

Ernesto pedrosa acude á 3ª edición dos Premios Incuvi Emprende, onde os alumnos gañadores reciben os seus diplomas e a chave das oficiñas das incubadoras universitarias en Vigo e Pontevedra, nas que terán acceso a servizos gratuitos e formación de negocios. Ver nova de Faro de Vigo Ver outra nova de Faro de Vigo Ver nova  da ...

Ernesto Pedrosa preside xunto ao reitor o acto do patrón da Universidade

28 01 2014. Categorías: Actos, Actos 2014

O presidente do Consello Social presidiu xunto co reitor o acto conmemorativo ao patrón da Universidade, no que ademais se entregaron premios á excelencia aos mellores alumnos e doutores da institución.

Pedrosa participa no último Martes ConVida do cuadrimestre

03 12 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

Ao longo dos meses de outubro e novembro os postos de fomento da vida saudable entre a comunidade universitaria dos Martes ConVida percorreron o campus de Ourense e, como novidade na edición deste cuadrimestre, tamén os campus de Pontevedra e Vigo. Esta semana remataron o seu periplo e fixérono realizando un balance moi positivo dos ...

Ernesto Pedrosa asiste á presentación da obra “El Padre Feijoo y el Derecho de su tiempo: una visión premonitoria de problemas candentes en la actualidad”

03 12 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

O Padre Feijoo, explica Luis Rodríguez Ennes, catedrático de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados da Universidade de Vigo, foi un dos principais pensadores europeos do século XVIII e o máis destacado ilustrado galego e español. Non foi xurista pero, áxil observador da sociedade do seu tempo, era moi consciente da importancia do Dereito na ...

O presidente do Consello Social salienta a importancia do deporte para o desenvolvemento de valores persoais na XXII Gala do Deporte Universitario

03 12 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

Máis de 7000 persoas participan cada curso nas actividades do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. Máis de 2500 fano nas ligas universitarias de baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol 7 ou voleibol. As instalacións dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo son referentes nas súas respectivas cidades. Unha Facultade de Ciencias da Educación e ...

A Escola de Telecomunicación crea un plan pioneiro de acollida de alumnos co apoio do Consello Social

15 11 2013. Categorías: Actos, Actos 2013, Patrocinios, Patrocinios 2013

A proximidade e a complicidade son as claves. O proxecto de mentorización da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación chegou para quedarse e tanto os estudantes titores coma os seus compañeiros de primeiro curso se amosan “implicados, entusiasmados e participativos”. Estas son as impresións tanto do equipo directivo do centro, con Edita de Lorenzo á fronte, ...

O Consello Social participa nun congreso de expertos fiscais e mercantís para crear empresas

04 11 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

No contexto actual de crise económica a constitución de sociedades mercantís formula numerosas posibilidades pero tamén interrogantes. Tentar darlle resposta e delimitar claramente todas as circunstancias que han de terse en conta á hora de constituír unha sociedade é o obxectivo co que se pon en marcha o 1º Congreso de Constitución de Sociedades, “un ...

O Consello Social promove unhas Xornadas nacionais de Fundraising para favorecer o Mecenado nas universidades

24 10 2013. Categorías: Actos, Actos 2013, Patrocinios, Patrocinios 2013

A nova lei de mecenado na que está a traballar o Goberno central pode abrir novas e importantes vías de financiamento para as universidades públicas, novos camiños de especial importancia sobre todo en tempo de crise e de recortes. As institucións académicas comezan xa a preparar o camiño deste futuro e a formar ao seu ...

Ernesto Pedrosa inaugura un congreso que reune a expertos internacionais no Campus de Ourense

23 10 2013. Categorías: Actos, Actos 2013, Patrocinios, Patrocinios 2013

“Máis alá da resolución dos conflitos, a cultura da mediación que se está estendendo pode dar unha resposta de calidade ao cidadán”. Deste xeito resumiu Antonio Dorado, vogal do Consejo General del Poder Judicial, as grandes expectativas que hai postas na aplicación da mediación como fórmula para solucionar litixios entre partes pero tamén como forma ...

Ernesto Pedrosa salienta en Ourense a importancia do Campus ConVida no que colabora o Consello Social

26 09 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

Desde o curso 2010/2011 o campus de Ourense está decidido a mellorar os hábitos de vida da comunidade universitaria e razóns para marcarse ese obxectivo parece que non lle faltan. Este xoves fíxose balance das actividades do proxecto saudable Campus ConVida e entre os datos recadados na súa edición 2012/2013 están que existe unha porcentaxe ...

Abre o Máster en Dereio da Empresa coa participación do presidente do Consello Social

16 09 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

“Non existe o dereito ao pesimismo, de feito é unha necidade e unha maldade”, explicaba Antonio Garrigues Walker, presidente do despacho de avogados Garrigues, na conferencia de apertura da primeira edición do Máster en Dereito da Empresa. O letrado de 79 anos amosouse convencido de que veñen bos tempos para España e para o mundo ...

Paolo Vasile, invitado especial na terceira edición do acto de recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo, organizado polo Consello Social

11 06 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

A Universidade de Vigo agradeceu o pasado 11 de xuño a confianza demostrada polas empresas que colaboran coa institución nun acto público celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e promovido polo Consello Social, no que todos os focos se centraron no invitado de honra do evento, o conselleiro delegado de Mediaset Paolo Vasile. O reitor vigués, Salustiano Mato, ...

Ernesto Pedrosa asiste ao acto de graduación dos alumnos das 6 titulacións e dos once mestrados da Escola de Enxeñería Industrial

06 06 2013. Categorías: Actos, Actos 2013

O director da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, Juan Pou, recomendou aos 600 titulados e tituladas que celebraron o seu acto de graduación no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia que “non teñades medo ao futuro, porque o futuro non hai que esperalo, senón que debemos construílo día a día”. Os egresados estiveron ...