cabecera

Entrevista de La Voz de Galicia a Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social

27 07 2017. Categorías: Prensa 2017

O presidente do Consello Social someteuse a unha entrevista con La Voz de Galicia na que falou sobre a consciencia do alumnado universitario sobre a presenza do Consello Social. Ademais, tratou o tema do mecenado, algo non moi común no ámbito nacional, mais si moi presente nas universidades anglosaxonas. Ver nova de La Voz de ...

Luis Espada e Víctor Manuel Martínez publican un libro sobre a evolución da oferta académica da Universidade de Vigo

07 07 2017. Categorías: Actos 2017, Prensa 2017

Este libro repasa a historia dos estudos universitarios do Sur de Galicia, desde que existen os tres campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e engloba ás e aos estudantes que pasaron polas súas aulas, as carreiras que se impartiron, as variacións habidas pola evolución da demanda, as especialidades máis solicitadas, a porcentaxe de alumnas e ...

O pleno do Consello Social trasládase por primeira vez á Escola Naval de Marín

06 07 2017. Categorías: Actos 2017, Prensa 2017

Nunha sesión que se desenvolveu por primeira vez na Escola Naval Militar de Marín, sede do Centro Universitario da Defensa, adscrito á institución académica, o pleno do Consello Social da Universidade de Vigo deu o seu visto e prace ás contas de liquidación do orzamento da Universidade de Vigo do ano 2016, previamente aprobadas polo ...

Ernesto Pedrosa participou na inauguración do XVI Encontro de Responsables de Protocolo e Relacións Institucionais das Universidades Españolas e o VIII Encontro Hispano-luso de Protocolo Universitario

26 05 2017. Categorías: Actos, Actos 2017, Prensa, Prensa 2017

Na península ibérica existen universidades con séculos de historia ás súas costas, institucións como a de Salamanca, que neste 2017 cumpre 800 anos, ou a de Coimbra, con máis de 700. O cerimonial, costumes e normas que rexen as relacións, actos e eventos no eido universitario teñen mudado moito no transcurso de todo ese tempo. ...

Ernesto Pedrosa abre as IV Xornadas de Fundraising organizadas polo Consello Social en colaboración coa Universidade de Vigo

11 05 2017. Categorías: Actos, Actos 2017, Prensa, Prensa 2017

Expertas e expertos internacionais e nacionais analizaron as claves da captación de recursos de natureza privada xunto coa súa xestión durante as IV Xornadas para a promoción do melenado universitario, celebradas os días 4 e 5 de maio, na sede da Fundación Barrié en Vigo. Cada un dos e das poñentes presentou o seu modelo ...

En tempos de viralidade, o protocolo reivindícase como unha ferramenta para as institucións

20 04 2017. Categorías: Prensa, Prensa 2017

“Cando o presidente da Generalitat de Cataluña Josep Tarradellas retornou do exilio e tivo unha xuntanza con Adolfo Suárez, díxolle que todo era negociable menos o protocolo”. Con esta anécdota puña de relevo o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Fernando Ramos a importancia dunha disciplina que conforma a “visibilidade dunha institución”, e que ...

A Universidade reflexiona sobre si mesma e a súa comunicación no III Foro do Consello Social

19 04 2017. Categorías: Prensa, Prensa 2017

Promover “unha reflexión da Universidade sobre si mesma” é, como explica o profesor Fernando Ramos, o obxectivo central do III Foro do Consello Social que, con ese propósito, propón este martes un debate sobre a comunicación da propia institución académica e as súas relacións coa sociedade na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Con ese obxectivo, ...

Ernesto Pedrosa participa na inauguración das xornadas sobre dereito deportivo

03 04 2017. Categorías: Prensa, Prensa 2017

Os días 3, 4, 24 e 26 de abril, as facultades de Dereito do campus de Ourense e a de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollen as II Xornadas sobre Dereito Deportivo. As sesións, nas que participa un amplo panel de arredor de 30 relatores do eido académico e profesional, arrancaron este ...

Núñez Feijóo visita a Universidade de Vigo e gaba a súa “solvencia”

30 03 2017. Categorías: Prensa, Prensa 2017, Sin categoría

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tivo a súa primeira visita institucional á Universidade de Vigo este mércores 29 de marzo, na que se reuniu co reitor, Salustiano Mato, e co seu equipo de goberno, así como co presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, e coas comisionadas e comisionados da institución académica. Esta era ...

O presidente do Consello Social, membro do Consello de Goberno da Universidade

07 02 2017. Categorías: Prensa 2017

Na sesión de hoxe do Consello de Goberno da Universidade de Vigo produciuse a incorporación dos novos membros do consello designados polo Consello Social e que son o propio presidente deste órgano, Julio Pedrosa, aos que se suman Xulio Calviño e César Blanco. Nova do Duvi

A Universidade aumenta o seu orzamento un 3% e aproba 165M€ para o 2017

29 12 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016
A Universidade aumenta o seu orzamento un 3% e aproba 165M€ para o 2017

Por segunda vez na súa historia, o pleno do Consello Social da Universidade de Vigo, órgano de representación da sociedade na institución académica, saíu do seu habitual ámbito universitario para celebrarse no Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, que o pasado ano celebrou medio século de historia. Neste último pleno do ano, a ...

Pedrosa comparte a necesidade de xerar vínculos entre emprendemento e Universidade

23 12 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016
Pedrosa comparte a necesidade de xerar vínculos entre emprendemento e Universidade

A innovación empresarial en Galicia, o control de horarios, o novo regulamento europeo en materia de protección de datos ou a recente sentenza do Tribunal de Luxemburgo respecto das diferencias na indemnización por despedimento entre contratos temporais ou indefinidos constituiron algunhas das temáticas que nas xornadas do martes 20 e mércores 21 centran un debate ...

Luz verde do Consello Galego de Universidades para a creación da ‘Escola de Enxeñaría Aerospacial’

01 12 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016
Luz verde do Consello Galego de Universidades para a creación da ‘Escola de Enxeñaría Aerospacial’

A proposta da Universidade de Vigo para a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espacio no campus de Ourense foi informada favorablemente no pleno do Consello Galego de Universidades celebrado onte en Santiago de Compostela e no que participou tanto o reitor da Universidade como o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa. Enxeñaría ...

A Universidade de Vigo, a universidade pública galega máis transparente

11 11 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016

A Universidade de Vigo é a universidade pública galega máis transparente. Así o pon de manifesto o informe  Examen de transparencia 2015 levado a cabo pola Fundación Compromiso y Transparencia (FCyT), un informe que a sitúa no top ten das universidades públicas españolas máis transparentes. Neste informe analízanse as web das 49 universiadades públicas e das 26 privadas ...

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV CIVE

27 10 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016
O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV CIVE

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación que reúne na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a expertos e profesionais de diferentes países, co propósito de afondar no potencial educativo destes recursos. Ernesto Pedrosa estivo acompañado no acto polo vicerreitor ...

Julio Estévez, Ciruxano e ex-membro do Consello Social: “Enxeñería Biomédica é esencial en Vigo pola súa alta cualificación técnica e en saúde”

23 10 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016

Julio Estévez defende a implantación de Enxeñería Biomédica en Vigo do mesma xeito que fai cinco anos levou a proposta ao Consello Social da Universidade de Vigo. O ciruxano afirma que o futuro da medicina está nas aplicacións de robótica e/ou nanotecnoloxía e insiste en que a titulación é imprescindible en Vigo pola súa alta ...

Pedrosa afirma que ‘O emprendemento é unha tarefa que polo seu tamaño e transcendencia esixe a participación de todos’, no Pont Up Store de Pontevedra

23 09 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, asistiu invitado ás xornadas do Pont Up Store de Pontevedra, unhas xornadas de emprendemento nas que facer chegar á cidade proxectos que se están levando a cabo actualmente. Na súa intervención fixo fincapé na necesidade de que o emprendemento precisa axuda de organismos públicos ...

Ernesto Pedrosa asiste á recepción do retrato de Cristobal Colón por parte da asociación “Celso García de la Riega”

05 05 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016

A Asociación Cristóbal Colón Galego “Celso García de la Riega” recibiu un retrato anónimo de Cristóbal Colón, datado no século XVII, que se exhibiu ata o momento no Museo Naval de Madrid. A idea do colectivo que reivindica a orixe galega do navegante é que a obra forme parte dalguna exposición temporal ou se incorpore en depósito aos fondos “de ...

Ernesto Pedrosa Silva: “O futuro traerá profesións que hoxe nin imaxinamos, xunto coa reinvención de moitas outras”

05 05 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte inaugurou o día 2 de maio unhas xornadas  tituladas Roteiros cara o mundo laboral que prentenden axudar na busca de emprego ao alumnado que remata en poucos días os seus estudos. O acto inagural contou coa presenza de Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus; Vicente Romo, ...

Ernesto Pedrosa salienta a necesidade de renovación da linguaxe e do modelo universitario na inaguración do II Fordo do Cosello Social

05 05 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O pasado día 3 de maio, na cidade de Pontevedra inaugurouse o II Foro do Consello Social. Este ano o ciclo de conferencias estivo adicado ás relacións entre a universidade e a sociedade. No seu discurso inaugural, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa Silva, enfatizou a necesidade que ten esta ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu ao acto inaugural de Edugal

18 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia EDUGAL, celebrou o día 17 de febreiro a inauguración da súa quinta edición con diferentes espazos dedicados aos diferentes graos que existen na Universidade de Vigo. O Presdiente do Consello Social asistiu a esta primeira xornada, pois o Consello Social patrocina esta actividade destinada a ...

Ernesto Pedrosa asiste á inaguración da conferencia Cambio climático: visións interdisciplinarias tras a COP21

18 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo asistiu o día 17 de febreiro ao acto inagural do ciclo de conferencias Cambio climático: visións interdisciplinarias tras a COP21. Estas mesas redondas están organizadas polo grupo de investigación EphysLab da Universidade de Vigo co patrocinio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Consello Social da ...

Ernesto Pedrosa acode ao acto de entrega das insignias e medallas da Universidade no día de Santo Tomé de Aquino

04 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O pasado 28 de xaneiro, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, acudiu un ano máis á entrega das insignias e das medallas da Universidade de Vigo no acto de celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino. Os galardoados foron un total de 91 alumnos con calificacións de “excelencia”: 50 de grao, 34 ...

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar o Campus Crea2i

04 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Campus Crea2i é un proxecto de especialización do campus pontevedrés, que na noite xoves celebrou a súa presentación en sociedade. O proxecto que integra baixo unha mesma identidade todas as áreas de coñecemento que coexisten no campus emprende, como sinalou o reitor, Salustiano Mato, “un camiño de futuro” co propósito de dotar a Pontevedra e ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu á entrega da medalla de Amigo Distinguido a Luis Espada Recarey

04 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

A asociación Alumni Universidade de Vigo nomeou ao profesor Luis Espada Recarey, Amigo Distinguido de Alumni Vigo. “É un recoñecemento que asumo como símbolo a todo o saber que tiven a oportunidade de recibir e transmitir ao longo de toda a miña vida”, admitiu Espada, que, emocionado, se manifestou “honrado” por recibir esta distinción e ...

Ernesto Pedrosa presidiu o Acto de apertura do curso do Programa de Maiores

16 10 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O vindeiro 22 de outubro celebrarase o acto de graduación da undécima promoción dos universitarios sénior, xunto coa novena dos superiores sénior. En total son 40 alumnos e alumnas de entre 57 e 75 anos que recollerán os seus diplomas nesta edición. A Universidade de Vigo leva 11 anos ofertando esta modalidade de estudos que ...

O Pleno do Consello Social deu o visto e prace á implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial

24 07 2015. Categorías: Plenos, Plenos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado xoves, día 24 de xullo, tivo lugar en Ourense unha reunión ordinaria do Pleno do Consello Social, na que se aprobou por unanimidade a implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial. O presidente do Consello Social, don Ernesto Pedrosa Silva, subliñou que esta titulación constitúe un “título único en Galicia, con pouca competencia en ...

La Casa del Libro acolleu a presentación de dúas obras editadas polo Consello Social

La Casa del Libro acolleu o pasado martes, 14 de xullo, a presentación de dúas obras editadas polo Consello Social: o libro ‘Universidades egregias para conocer: Salamanca, Alcalá, Vigo, Oxford y Cambridge’ de José María Franco e o titulado ‘Un compromiso con la universidad’ de José Luis Vázquez. Neste acto estiveron presentes ambos os dous ...

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar as xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios para los operadores portuarios’

03 07 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 1 de xullo, tivo lugar o acto de inauguración das xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios  para los operadores portuarios’, no Edificio de Sesións do Peirao de Transatlánticos. O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, foi unha das persoas encargadas de dar ...

O Consello Social promoveu a elaboración dun estudo sobre a inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010

O ex-reitor Luis Espada Recarey liderou dende 2012 un equipo para desenvolver un estudo a propósito da inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010. Esta investigación, que contou co apoio do Consello Social, baseouse nos datos recollidos da Seguridade Social. Os resultados reflíctense nun libro titulado  Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, presidiu o acto de graduación da Escola de Enfermería de Povisa

19 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 17 de xuño de 2015, tivo lugar a graduación da Escola de Enfermería de Povisa no Centro Social Afundación, un acto que estivo presidido polo presidente do Consello Social. Ernesto Pedrosa Silva acudiu en representación do reitor da Universidade de Vigo e estivo acompañado polo alcalde, Abel Caballero, o presidente do padroado ...

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, representou ao reitor no acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial

05 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Onte, xoves 4 de xuño, tivo lugar no Auditorio Pazo de Congresos Mar o acto de graduación de 223 estudantes de grao e 83 de mestrado da Escola de Enxeñería Industrial. A esta cerimonia, presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acudiu Ernesto Pedrosa Silva, o presidente do Consello Social, en representación ...

Presentouse o proxecto Ágora, unha iniciativa que conta co apoio do Consello Social

O pasado 27 de maio tivo lugar o acto de presentación do proxecto Ágora, unha iniciativa impulsada polo Programa de Maiores da Universidade de Vigo que conta co apoio do Consello Social. A finalidade deste proxecto é ampliar os medios de acceso ao coñecemento cos que contan os estudantes sénior da Universidade. Entre os asistentes ...

O Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, patrocinado polo Consello Social, tratou a reforma laboral de 2012

O pasado venres, día 8 de maio, tivo lugar no campus vigués o Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, pratrocinado polo Consello Social. Durante esta xornada, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra y pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, foron varios os profesionais que interviñeron para facer unha valoración ...

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, un dos representantes da Universidade de Vigo na entrega dos Premios Pontevedreses 2014

08 05 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 6 de maio, tivo lugar a entrega dos Premios Pontevedreses 2014, outorgados polo Diario de Pontevedra. Nesta gala, a Universidade de Vigo recibiu o galardón da categoría de investigación pola labor que leva desenvolvendo neste eido durante os seus 25 anos existencia. O reitor da Universidade, Salustiano Mato, foi o encargado de ...

Unha competición de robots na Escola de Enxeñería Industrial patrocinada polo Consello Social

O pasado venres 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial a I Competición de Robots para estudantes de ensino secundario, patrocinada polo Consello Social. A organización desta actividade viuse motivada polo desexo de achegar ao alumnado de secundaria á universidade e, ao mesmo tempo, introducilo dun xeito sinxelo e divertido no mundo ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, visitou o ‘Plan Joven de Seguridad Vial’ de Michelín

08 05 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2015

O Grupo Michelín instalou desde o luns día 20 de abril ata o xoves 24 o seu Plan Joven de Seguridad Vial. Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, foi un dos representantes da institución que acudiu a ver en primeira persoa os diferentes simuladores e actividades nas que se podía ...

No Foro do Consello Social reflexionouse sobre a importancia da comunicación da Universidade coa sociedade

30 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado venres, día 24 de abril, tivo lugar o Foro do Consello Social cuxo lema era A comunicación necesaria. Coa pregunta do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, “Por que universidades con séculos de historia non foron capaces de  impulsar unha comunicación fluída coa súa contorna?”, arrancou unha xornada na que diversos académicos, ...

Hoxe, venres 24 de abril, ten lugar o Foro do Consello Social ‘Universidade e sociedade: comunicación necesaria’

O Consello Social promove un foro que ten lugar hoxe, venres 24 de abril, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no que baixo o lema “Universidade e sociedade: comunicación necesaria” se fará balance sobre o resultado práctico dos primeiros 25 anos da Universidade de Vigo. Este foro estará composto de varias conferencias e ...

Ernesto Pedrosa Silva, presente nunha xuntanza na que se asinou un convenio de colaboración co Parlamento de Galicia

24 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O xoves día 16 de abril, Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, estivo nunha xuntanza na que os reitores das tres universidades galegas asinaron un convenio para que os estudantes de Dereito poidan realzar prácticas externas no Parlamento de Galicia. Nesta reunión, na que se atopaban os presidentes dos tres ...

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, estivo presente na homenaxe ao persoal xubilado da Universidade de Vigo

24 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado día 19 de marzo, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, estivo presente na homenaxe ao persoal xubilado, tanto PAS como PDI, que fixo posible a posta en marcha da Universidade de Vigo, que se celebrou no Paraninfo. Ernesto Pedrosa foi un dos representantes da actualidade da institución académica, acompañado, entre outros, polo ...

Manuel Pizarro, novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas

27 02 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Manuel Pizarro, novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas -Sucede a Joaquín Moya-Angeler, quen renuncia de maneira voluntaria ao cargo -Ladislao Azcona  incorpórase  ao Comité Executivo como vocal Madrid, 27 de febreiro de 2015. Manuel Pizarro foi proclamado novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas (CCS) nunha Asamblea Xeral ...

Ernesto Pedrosa Silva: “A implantación de graos de tres anos precisa dunha longa reflexión”

19 02 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2015

O pasado domingo, día 15 de febreiro, publicouse no xornal La Región unha entrevista realizada ao presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva. Nela, fala de diversos temas de actualidade para a Universidade, sendo o principal o decreto sobre a reforma da duración dos graos universitarios, que pasarían a ser tres anos que se completarían ...

O Consello Social colabora na publicación do libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez

O libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez contou coa colaboración do Consello Social para a súa edición e posterior publicación. Neste libro o seu autor quere achegar información aos lectores sobre o labor exercido diariamente por directivos, profesores e esgresados en relación coa asociación de Amigos e Antigos Alumnos (Alumni) da ...

O Consello Social apoia á escudaría UVigo motorsport, formada por alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial

05 02 2015. Categorías: Patrocinios, Patrocinios 2015, Prensa, Prensa 2015

O Consello Social apoia á escudaría UVigo motorsport, formada por alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial, que construiu o primeiro monoplaza de Galicia que competirá nos circuítos de Silverstone, Montmeló e Hockenheim na categoría Formula Student, ao ter sido escollido este equipo entre máis de 72. Ademais de participar nestas carreiras, este automóbil tamén será ...

Dous acordos de colaboración entre o Consello Social e o campus de Ourense

29 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 27 de xaneiro tivo lugar a primeira reunión directa entre o vicerrector do campus de Ourense Virxilio Rodríguez co presidente e o secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa e Ignacio Rodríguez. Esta xuntanza finalizou con dous acordos de colaboración, así como co compromiso de que estas dúas institución ...

O Consello Social aproba o orzamento para a Universidade de Vigo en 2015, que ascende a 165,2 millóns

22 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O luns día 29 de decembro tivo lugar, na Casa das Campás en Pontevedra, unha sesión ordinaria do pleno do Consello Social na que foi aprobado, definitivamente, o orzamento da Universidade para 2015. Contando co voto favorable de todos os presentes, o orzamento ascende a 165,2 millóns de euros. A importancia do mesmo radica na ...

De paseo con… Ernesto Pedrosa Silva

15 01 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2014

O Diario de Pontevedra presentou en De Paseo con… Ernesto Pedrosa Silva o día 21 de decembro de 2014 unha entrevista realizada ao presidente do Consello Social, na que este fala de todo: do seu traballo como avogado, do seu labor como presidente de este órgano da Universidade de Vigo, así como dalgunhas das súas ...

Ernesto Pedrosa Silva fai entrega do premio ao profesor Joaquín Dosil na XXIII Gala do Deporte Universitario

13 12 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado 11 de decembro, tivo lugar a XXIII Gala do Deporte Universitario, que nesta ocasión se celebrou ás 20.00 horas no Centro Social Afundación do Campus de Pontevedra. Para render homenaxe a algunhas das persoas que destacan non só polo seu éxito nas competicións en que participan, senón tamén pola súa contribución á difusión ...

Ernesto Pedrosa: “temos un longo camiño por diante para acadar o financiamento privado e o mecenado convértese nun clamor, nunha forma de vida”.

11 12 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Os pasados xoves 4 e venres 5 de decembro tivo lugar, na Fundación Barrié, a segunda edición das Xornadas de fundraising e mecenado, unhas xornadas organizadas pola Universidade de Vigo, o seu Consello Social e a Conferencia de Consejos Sociales das universidades españolas. Estas centráronse no debate sobre a captación de fondos, o mecenado e o ...

IV Conferencia Ibérica de Emprendemento

21 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Desde o  pasado día 23 de outubro ata o 26 dese mesmo mes, tivo lugar a IV ConferenciaIbérica de Emprendemento, un evento organizado pola Universidade de Vigo e a Asociación Portuguesa para o Emprendemento (Empreend), na que preto de 60 expertos, investigadores, directivos e profesionais compartiron a súa visión do mundo do autoemprego coa idea de promover ...

Inauguración das Xornadas sobre réxime financieiro e tributario dos portos do Estado

14 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Os pasados luns 10 e martes 11 de novembro tiveron  lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo as Jornadas sobre régimen financiero y tributario de los puertos del Estado. Un dos temas principias destas xornadas foi a importancia que teñen os portos na economía da cidade de Vigo, dado que se atopa no ...

Clausura do curso de formación que impartiu o grupo Mediaset na Facultade de CC SS e da Comunicación

14 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado venres día 7 de novembro tivo lugar, no salón de plenos da Deputación, o acto de clausura do curso de formación que  foi impartido polos responsables do grupo Mediaset, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, desde o 19 de setembro ata ese mesmo día. Este curso incluise no marco dun convenio ...

Acto de inauguración das XIII Xornadas Internacionais sobre o Asociacionismo nos Programas Universitarios para Maiores

13 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado día 17 de setembro, tivo lugar o acto de inauguración das XIII Xornadas Internacionais sobre o Asociacionismo nos Programas Universitarios para Maiores que tivo lugar no Teatro García Barbón. Neste acto estivo presente e deu un discurso no que, ademais, presentou a Eduard Punset o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, xunto co ...

Presentación do curso de formación que impartiu o grupo Mediaset na Facultade de CC SS e da Comunicación

07 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O día 19 de setembro tivo lugar, na Casa das Campás, a presentación do curso de formación que  que  ía ser impartido polos responsables do grupo Mediaset, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, desde ese mesmo día ata o 7 de novembro. Este curso está incluido no marco dun convenio que asinaron Mediaset ...

Seminario internacional de conclusións: a mediación como método de planificación social

06 11 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Os días 22 e 23 de setembro, tivo lugar na Facultade de Dereito do Campus de Ourense o “Seminario internacional de conclusións: a mediación como método de planificación social”, seminario que pechou un ciclo de traballo sobre o emerxente papel da mediación e da figura do mediador, levado a cabo desde 2012, que fixo posible ...

I Congreso Internacional SOS-VICS «Construír Pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero»

31 10 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

 Os pasados xoves 25 e venres 26 de setembro, tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución o I Congreso Internacional SOS-VICS  «Construír Pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero», congreso que constituíu o broche final ao traballo desenvolvido ao longo do prazo de execución do proxecto SOS-VICS, Speak Ouf for Support. Neste ...

Xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise

23 10 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O pasado xoves 11 de setembro, na sala I do Edificio Miralles, tivo lugar unha xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise, organizado polo Consello Social da Universidade de Vigo coa colaboración do Vicerreitorado de Economía e Planificación, de Xerencia e da Xefatura do Servizo de Control Interno.Durante ...

Pleno do Consello Social con destacados asuntos económicos

02 07 2014. Categorías: Prensa, Prensa 2014

Pleno do Consello Social do día 27 de xuño de 2014 Inicio cun sentido recordo a Emilio Atrio, recentemente falecido, que foi presidente do Conselo Social entre 2003 e 2011. Palabras do presidente, Ernesto Pedrosa, e minuto de silencio do Pleno. O presidente interesouse na súa intervención, entre outros asuntos, pola situación e o calendario previsto para a ...

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social “actos como este debieran ser celebrados, aplaudidos e estimulados”

04 06 2014. Categorías: Prensa, Prensa 2014

O pasado venres 30 de maio, celebrouse o acto de graduación das novas promocións dos grados Administración e Direción de Empresas, Turismo e Consultaría e Xestión da Información da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. O evento levouse a cabo no Auditorio Municipal da cidade, contando coa presenza do reitor da ...

Apoio ao desenvolvemento da mobilidade, a investigación e a cultura no campus de Ourense

04 06 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O Pasado martes 3 de xuño, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tivo lugar o acto de presentación de dous convenios de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e a Universidade de Vigo, centrados no desenvolvemento da cultura, a mobilidade e a investigación no campus de Ourense. Contouse coa presencia do reitor da Universidade, Salustiano ...

Presentación de Luis Espada e Victor Manuel dos datos máis salientables do seu último estudo

09 05 2014. Categorías: Prensa, Prensa 2014

Luis Espada Recarey, ex reitor da Universidade de Vigo e Victor Manuel Martínez Cacharrón presentaron onte no campus de Vigo os datos máis salientables do Estudio sobre la experiencia académica y profesional de las personas esgresadas de la Universidade de Vigo. Ernesto Pedrosa formou parte da presentación do acto, no que pronuncióu unhas palabras que recollemos na ...

In Memoriam

06 05 2014. Categorías: Prensa, Prensa 2014

Falece o ex-presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Emilio Atrio Abad   O Reitor, Salustiano Mato afirma que ‘Atrio protagonizou o cambio de modelo e iniciou a senda da modernización da Universidade’ Ernesto Pedrosa: “É un día moi triste para todos, foi un excelente presidente, un home excepcional que quedará sempre  connosco”   ...

In Memoriam. Declaración de Emilio Atrio

06 05 2014. Categorías: Prensa, Prensa 2014

Declaración de Emilio Atrio ______________________________________________________ Pleno 28 de junio 2011 Como hay muchos miembros nuevos que se han ido incorporando a este Consello Social sin tener un conocimiento claro y global de a dónde han llegado, y porque cualquier momento es bueno para hacer repaso, me gustaría proporcionarles algunos datos, que aprovecho para hacer extensivos ...

Acto de toma de posesión do reitor Salustiano Mato

30 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O presidente do Consello Social, Don Ernesto Pedrosa, participou onte do acto de toma de posesión do reelixido reitor Salustiano Mato. Selección de novas en prensa: Ver nova de Faro de Vigo. Ver nova de Atlántico Diario. Ver nova de La Voz de Galicia. Fotografías tomadas por DUVI (Diario da Universidade de Vigo) onte, durante o acto:  

Ernesto pedrosa Silva no acto inaugural do XI Lusocom

16 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo estivo o pasado venres 11 de abril no acto inaugural do Congreso XI Lusocom na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. O congreso reune a diferentes expertos do espazo lusófono e propón un debate sobre a Marca Territorio: construcción das ...

Presenza do Consello Social na mesa inaugural das ‘Xornadas de Comunicación Institucional e Imaxe Pública’

11 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

Ernesto Pedrosa Silva, estivo o día 9 de abril na mesa inaugural das Xornadas de Comunicación Institucional e Imaxe Pública que se organizaron na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, que clausuraron onte cun total de 375 asistentes. A continuación as novas en prensa sobre o acto e asistencia: Ver ...

Ernesto Pedrosa inaugura as ‘XI Xornadas Sociedade e Dereito’

09 04 2014. Categorías: Actos, Actos 2014, Prensa, Prensa 2014

O presidente do Consello Social Ernesto Pedrosa, xunto con María Lameiras, vicerreitora en funcións do campus de Ourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense; Roberto Bustillo, decano da Facultade de Dereito; Arturo González, decano do Colexio de Avogados de Ourense, e José Agustín González-Ares, inauguraron este pasado martes 9 de abril as ‘XI ...

O Consello Social aproba o novo orzamento para 2014

28 12 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2014

O novo orzamento da Universidade para o exercicio 2014, de 159,6 millóns de euros, aprobouse con un respaldo unánime dos membros do Consello Social.

A Conferencia de Consellos Sociais otorga interese preferente ás iniciativas desenvoltas en Vigo para estimular o Mecenado

04 12 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2013

O Boletín Bimestral de los Consellos Sociais das Universidades Españolas reflicte a última actividade da Universidade de Vigo.  Descargar Boletín Decembro Consellos Sociais

Ernesto Pedrosa avala un convenio que achega aos alumnos do Campus de Pontevedra ás iniciativas do Casino

07 10 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2013

“O alumando da Universidade é o maior potencial do que dispoñemos, converténdose no reflexo dos éxitos e dos fracasos desta institución”. Estas palabras de Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade, resumen a aposta que a Universidade fai polos seus estudantes ofrecéndolles a posibilidade de comezar a súa andaina profesional a través de prácticas ...

O Consello Social da Universidade de Vigo aposta polo apoio empresarial e o mecenado para captar recursos

23 06 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2013

Entrevista ao presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa Silva. O seu presidente afirma que “se a empresa e a universidade non se entendesen sería unha dilapidación”.

Paolo Vasile protagoniza a terceira edición do acto de recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo organizado polo Consello Social

11 06 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2013

A Universidade de Vigo agradeceu publicamente a confianza demostrada polas empresas que colaboran coa institución (mediante convenios de prácticas para os alumnos, cátedras e contratos de I+D) nun acto no que todos os focos se centraron no magnate televisivo, Paolo Vasile. O empresario da comunicación e conselleiro delegado de Mediaset España, comentou que “unha televisión non pode ir ben ...

O responsable de Mediaset, Paolo Vasile, protagoniza o III acto de Recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo, organizado polo Consello Social

04 06 2013. Categorías: Prensa, Prensa 2013

A Universidade de Vigo celebrará o próximo día 11 de xuño o seu III acto de Recoñecemento ás empresas que colaboran con ela e nel participará o conselleiro delegado deMediaset España, Paolo Vasile, quen impartirá un relatorio titulado ‘Televisión e sociedade: quen inflúe en quen’. A cerimonia, promovida polo Consello Social da Universidade, celebrarase na Facultade de Ciencias Empresariais do campus ...