cabecera

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar o Campus Crea2i

04 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Campus Crea2i é un proxecto de especialización do campus pontevedrés, que na noite xoves celebrou a súa presentación en sociedade. O proxecto que integra baixo unha mesma identidade todas as áreas de coñecemento que coexisten no campus emprende, como sinalou o reitor, Salustiano Mato, “un camiño de futuro” co propósito de dotar a Pontevedra e ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu á entrega da medalla de Amigo Distinguido a Luis Espada Recarey

04 12 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

A asociación Alumni Universidade de Vigo nomeou ao profesor Luis Espada Recarey, Amigo Distinguido de Alumni Vigo. “É un recoñecemento que asumo como símbolo a todo o saber que tiven a oportunidade de recibir e transmitir ao longo de toda a miña vida”, admitiu Espada, que, emocionado, se manifestou “honrado” por recibir esta distinción e ...

Ernesto Pedrosa presidiu o Acto de apertura do curso do Programa de Maiores

16 10 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O vindeiro 22 de outubro celebrarase o acto de graduación da undécima promoción dos universitarios sénior, xunto coa novena dos superiores sénior. En total son 40 alumnos e alumnas de entre 57 e 75 anos que recollerán os seus diplomas nesta edición. A Universidade de Vigo leva 11 anos ofertando esta modalidade de estudos que ...

O Pleno do Consello Social deu o visto e prace á implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial

24 07 2015. Categorías: Plenos, Plenos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado xoves, día 24 de xullo, tivo lugar en Ourense unha reunión ordinaria do Pleno do Consello Social, na que se aprobou por unanimidade a implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial. O presidente do Consello Social, don Ernesto Pedrosa Silva, subliñou que esta titulación constitúe un “título único en Galicia, con pouca competencia en ...

La Casa del Libro acolleu a presentación de dúas obras editadas polo Consello Social

La Casa del Libro acolleu o pasado martes, 14 de xullo, a presentación de dúas obras editadas polo Consello Social: o libro ‘Universidades egregias para conocer: Salamanca, Alcalá, Vigo, Oxford y Cambridge’ de José María Franco e o titulado ‘Un compromiso con la universidad’ de José Luis Vázquez. Neste acto estiveron presentes ambos os dous ...

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar as xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios para los operadores portuarios’

03 07 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 1 de xullo, tivo lugar o acto de inauguración das xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios  para los operadores portuarios’, no Edificio de Sesións do Peirao de Transatlánticos. O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, foi unha das persoas encargadas de dar ...

O Consello Social promoveu a elaboración dun estudo sobre a inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010

O ex-reitor Luis Espada Recarey liderou dende 2012 un equipo para desenvolver un estudo a propósito da inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010. Esta investigación, que contou co apoio do Consello Social, baseouse nos datos recollidos da Seguridade Social. Os resultados reflíctense nun libro titulado  Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, presidiu o acto de graduación da Escola de Enfermería de Povisa

19 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 17 de xuño de 2015, tivo lugar a graduación da Escola de Enfermería de Povisa no Centro Social Afundación, un acto que estivo presidido polo presidente do Consello Social. Ernesto Pedrosa Silva acudiu en representación do reitor da Universidade de Vigo e estivo acompañado polo alcalde, Abel Caballero, o presidente do padroado ...

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, representou ao reitor no acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial

05 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Onte, xoves 4 de xuño, tivo lugar no Auditorio Pazo de Congresos Mar o acto de graduación de 223 estudantes de grao e 83 de mestrado da Escola de Enxeñería Industrial. A esta cerimonia, presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acudiu Ernesto Pedrosa Silva, o presidente do Consello Social, en representación ...

Presentouse o proxecto Ágora, unha iniciativa que conta co apoio do Consello Social

O pasado 27 de maio tivo lugar o acto de presentación do proxecto Ágora, unha iniciativa impulsada polo Programa de Maiores da Universidade de Vigo que conta co apoio do Consello Social. A finalidade deste proxecto é ampliar os medios de acceso ao coñecemento cos que contan os estudantes sénior da Universidade. Entre os asistentes ...

O Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, patrocinado polo Consello Social, tratou a reforma laboral de 2012

O pasado venres, día 8 de maio, tivo lugar no campus vigués o Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, pratrocinado polo Consello Social. Durante esta xornada, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra y pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, foron varios os profesionais que interviñeron para facer unha valoración ...

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, un dos representantes da Universidade de Vigo na entrega dos Premios Pontevedreses 2014

08 05 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 6 de maio, tivo lugar a entrega dos Premios Pontevedreses 2014, outorgados polo Diario de Pontevedra. Nesta gala, a Universidade de Vigo recibiu o galardón da categoría de investigación pola labor que leva desenvolvendo neste eido durante os seus 25 anos existencia. O reitor da Universidade, Salustiano Mato, foi o encargado de ...

Unha competición de robots na Escola de Enxeñería Industrial patrocinada polo Consello Social

O pasado venres 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial a I Competición de Robots para estudantes de ensino secundario, patrocinada polo Consello Social. A organización desta actividade viuse motivada polo desexo de achegar ao alumnado de secundaria á universidade e, ao mesmo tempo, introducilo dun xeito sinxelo e divertido no mundo ...

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, visitou o ‘Plan Joven de Seguridad Vial’ de Michelín

08 05 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2015

O Grupo Michelín instalou desde o luns día 20 de abril ata o xoves 24 o seu Plan Joven de Seguridad Vial. Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, foi un dos representantes da institución que acudiu a ver en primeira persoa os diferentes simuladores e actividades nas que se podía ...

No Foro do Consello Social reflexionouse sobre a importancia da comunicación da Universidade coa sociedade

30 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado venres, día 24 de abril, tivo lugar o Foro do Consello Social cuxo lema era A comunicación necesaria. Coa pregunta do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, “Por que universidades con séculos de historia non foron capaces de  impulsar unha comunicación fluída coa súa contorna?”, arrancou unha xornada na que diversos académicos, ...

Hoxe, venres 24 de abril, ten lugar o Foro do Consello Social ‘Universidade e sociedade: comunicación necesaria’

O Consello Social promove un foro que ten lugar hoxe, venres 24 de abril, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no que baixo o lema “Universidade e sociedade: comunicación necesaria” se fará balance sobre o resultado práctico dos primeiros 25 anos da Universidade de Vigo. Este foro estará composto de varias conferencias e ...

Ernesto Pedrosa Silva, presente nunha xuntanza na que se asinou un convenio de colaboración co Parlamento de Galicia

24 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O xoves día 16 de abril, Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, estivo nunha xuntanza na que os reitores das tres universidades galegas asinaron un convenio para que os estudantes de Dereito poidan realzar prácticas externas no Parlamento de Galicia. Nesta reunión, na que se atopaban os presidentes dos tres ...

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, estivo presente na homenaxe ao persoal xubilado da Universidade de Vigo

24 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado día 19 de marzo, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, estivo presente na homenaxe ao persoal xubilado, tanto PAS como PDI, que fixo posible a posta en marcha da Universidade de Vigo, que se celebrou no Paraninfo. Ernesto Pedrosa foi un dos representantes da actualidade da institución académica, acompañado, entre outros, polo ...

Manuel Pizarro, novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas

27 02 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Manuel Pizarro, novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas -Sucede a Joaquín Moya-Angeler, quen renuncia de maneira voluntaria ao cargo -Ladislao Azcona  incorpórase  ao Comité Executivo como vocal Madrid, 27 de febreiro de 2015. Manuel Pizarro foi proclamado novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas (CCS) nunha Asamblea Xeral ...

Ernesto Pedrosa Silva: “A implantación de graos de tres anos precisa dunha longa reflexión”

19 02 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2015

O pasado domingo, día 15 de febreiro, publicouse no xornal La Región unha entrevista realizada ao presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva. Nela, fala de diversos temas de actualidade para a Universidade, sendo o principal o decreto sobre a reforma da duración dos graos universitarios, que pasarían a ser tres anos que se completarían ...

O Consello Social colabora na publicación do libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez

O libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez contou coa colaboración do Consello Social para a súa edición e posterior publicación. Neste libro o seu autor quere achegar información aos lectores sobre o labor exercido diariamente por directivos, profesores e esgresados en relación coa asociación de Amigos e Antigos Alumnos (Alumni) da ...

O Consello Social apoia á escudaría UVigo motorsport, formada por alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial

05 02 2015. Categorías: Patrocinios, Patrocinios 2015, Prensa, Prensa 2015

O Consello Social apoia á escudaría UVigo motorsport, formada por alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial, que construiu o primeiro monoplaza de Galicia que competirá nos circuítos de Silverstone, Montmeló e Hockenheim na categoría Formula Student, ao ter sido escollido este equipo entre máis de 72. Ademais de participar nestas carreiras, este automóbil tamén será ...

Dous acordos de colaboración entre o Consello Social e o campus de Ourense

29 01 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 27 de xaneiro tivo lugar a primeira reunión directa entre o vicerrector do campus de Ourense Virxilio Rodríguez co presidente e o secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa e Ignacio Rodríguez. Esta xuntanza finalizou con dous acordos de colaboración, así como co compromiso de que estas dúas institución ...