cabecera

O Consello Social apoia a publicación dun libro sobre a percepción do alumnado da Universidade da súa empregabilidade

O Consello Social apoiou recentemente a publicación dun estudo sobre a percepción do alumnado da Universidade que está próximo a titularse sobre o seu futuro laboral e as saídas de emprego das súas titulacións. A obra, escrita polas autoras Gloria Caballero e Mº Jesús Fernández, está dispoñible de maneira gratuíta tanto en galego como en ...

Luis Espada e Víctor Manuel Martínez publican un libro sobre a evolución da oferta académica da Universidade de Vigo

06 07 2017. Categorías: Informes 2017, Publicacións 2017

Este libro repasa a historia dos estudos universitarios do Sur de Galicia, desde que existen os tres campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e engloba ás e aos estudantes que pasaron polas súas aulas, as carreiras que se impartiron, as variacións habidas pola evolución da demanda, as especialidades máis solicitadas, a porcentaxe de alumnas e ...

O Consello Social apoia a publicación dun libro sobre a percepción que ten o alumnado da Universidade das súas saídas laborais

O Consello Social apoiou o pasado mes de Agosto a publicación dun libro sobre a percepción que teñen os e as estudantes da Universidade que están a piques de graduarse sobre o seu futuro laboral e as súas posibilidades de atopar emprego cando finalicen os seus estudos. A obra, titulada Confianza e percepción dos estudantes da ...

La Casa del Libro acolleu a presentación de dúas obras editadas polo Consello Social

La Casa del Libro acolleu o pasado martes, 14 de xullo, a presentación de dúas obras editadas polo Consello Social: o libro ‘Universidades egregias para conocer: Salamanca, Alcalá, Vigo, Oxford y Cambridge’ de José María Franco e o titulado ‘Un compromiso con la universidad’ de José Luis Vázquez. Neste acto estiveron presentes ambos os dous ...

O Consello Social promoveu a elaboración dun estudo sobre a inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010

O ex-reitor Luis Espada Recarey liderou dende 2012 un equipo para desenvolver un estudo a propósito da inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010. Esta investigación, que contou co apoio do Consello Social, baseouse nos datos recollidos da Seguridade Social. Os resultados reflíctense nun libro titulado  Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas ...

Xa está publicada a Memoria do Consello Social 2013

05 02 2015. Categorías: Memorias, Publicacións, Publicacións 2015

A memoria das actividades do Consello Social do ano 2013 xa está publicada. Nela, recompílanse as actividades e iniciativas desenvolvidas ao longo dese ano, incluíndo dende a composición deste órgano de goberno ata a enumeración dos acordos acadados nas sesións celebradas polo Pleno e as comisións delegadas. Tamén inclúe todos os traballos, patrocinios, comparecencias e ...

O Consello Social colabora na publicación do libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez

O libro Un Compromiso con la Universidad de José Luis Vázquez contou coa colaboración do Consello Social para a súa edición e posterior publicación. Neste libro o seu autor quere achegar información aos lectores sobre o labor exercido diariamente por directivos, profesores e esgresados en relación coa asociación de Amigos e Antigos Alumnos (Alumni) da ...

A revista Tres Campus, patrocinada polo Consello Social

O Consello Social patrocina a publicación da revista Tres Campus, elaborada pola asociación Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo. Esta revista, cuxo nome fai referencia aos campus que conforman esta universidade (Vigo, Ourense e Pontevedra) dá a coñecer novas sobre a vida universitaria, con artigos e reportaxes que, ademais, teñen un contido non ...